O Partido Popular de Neda denunciou ontes publicamente o que cualifica como unha "situación de abandono” no municipio, sinalando as evidentes deficiencias de servizos básicos, como o alumeado, tal e como MOVENEDA xa leva meses denunciando.
Entre os exemplos mencionados, falan de beirarrúas destrozadas, farolas en mal estado e barandillas atadas con cordas.
Os "populares" tamén se fan eco das denuncias de goteiras no Pavillón e na Toeleira, xa publicadas por MOVENEDA hai un semana.
Tamén advirten do mal estado de elementos vinculados ao Camiño Inglés, como fontes sen auga ou elementos deteriorados, que dan mala imaxe aos visitantes.
Segundo os populares, o máis sorprendente é que, malia esta situación, o Concello continúa a pagar facturas por servizos de mantemento que —aseguran— non se prestan correctamente. Por iso, reclaman un “plan de traballo” e un calendario urxente para reparar os desperfectos e poñer ao día os servizos municipais.
Esta proposta novedosa de facer plans de traballo e calendarios de labouras son tamén medidas que MOVENEDA ven reclamando dende 2017, por exemplo: O concello non acomete traballos preventivos xa solicitados dende marzo
Desde MOVENEDA só podemos dicir que nos alegra comprobar que os compañeiros do PP están ben informados da realidade local. Non sabemos se é por casualidade, pero moitas destas cuestións levan tempo sendo recollidas e denunciadas nos nosos boletíns e na nosa web.
Queda claro que para estar ben informado sobre o que pasa en Neda… hai que ler moveneda.org
comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |