Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

coñece Moveneda

coñece MovenedaMovemento Veciñal de Neda

Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia, “feita a medida para Neda”.

Transformar Neda dende Neda e coa xente de Neda

Asamblea de traballo de MOVENEDA

Qué é o Moveneda?

Moveneda é unha iniciativa municipalista, popular, de base, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación de todos os veciños nas decisións do Concello.

Somos veciños veciños coma tí, de Neda, que presentamos unha alternativafeita a medida para Neda”. Ofrecemos mirada realista e comprometida, para afrontar os problemas e tamén para potenciar as vantaxes do municipio.

Pensamos que nun concello como Neda funciona millor un modelo onde prime a colaboración directa do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños.

Moveneda é garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Municipalismo, a forza da proximidade

Nun concello de 5.000 habitantes como Neda, o municipalismo é como a opción política máis lóxica, eficaz e lexítima.

Moveneda funciona de xeito democrático e asembleario, onde a opinión e decisión de cada veciño conta. Pensamos que é fundamental a participación veciñal, a proximidade e o compromiso. Rexeitamos as fichaxes externas, os “paracaidistas” e as ordes de partido. Todos os partidos institucionais xa teñen gobernado neste concello e teñen demostrado que non son solución de nada: sempre teñen prioridades e obediencias por riba dos veciños de Neda e carecen dun proxecto a longo prazo para Neda.

A nosa esencia é a independencia e proximidade, en coñecer de primeira man as necesidades e problemas do nosos conveciños.

A cercanía permite:

  • Decisións áxiles sen burocracias inútiles.

  • Participación cidadá real, con asembleas veciñais, orzamentos participativos, dando voz real á comunidade.

  • Xestión próxima e transparente, porque os responsables do concello son veciños comúns, non politicos profesionais.

  • Fomento da cohesión e do tecido social ao implicar á veciñanza e ás AAVV no ben común.

  • Eficiencia na xestión de recursos, priorizando o esencial para a comunidade: servizos básicos, mantementos, promoción local, axuda ó veciño.

Somos o contrario ó modelo partidista, que sempre están controlados en remoto por intereses alleos a Neda e centralizados. O municipalismo fomenta a responsabilidade e constrúe dende abaixo, ao servizo dos veciños.

Transformar Neda, dende Neda e coa xente de Neda

MOVENEDA é unha organización local, municipalista, con base veciñal e espírito crítico. Centrámonos en transformar Neda, dende Neda e coa xente de Neda. Baseámonos na transparencia, a participación directa, a defensa dos dereitos veciñais. Propoñemos accións concretas en urbanismo, vivenda, infraestruturas, traballo, transición enerxética, en loita contra o despoboamento, en contraposición á inacción dos partidos institucionais.

O municipalismo é a democracia no seu nivel máis humano, cercano e efectivo.

as nosas propostaspara millorar Neda

Os veciños que formamos MOVENEDA creemos que se pode transformar e millorar Neda desde dentro e coa xente.

O municipalismo e a democracia no seu nivel máis humano, cercano e efectivo.

O longo deste anos fumos facendo propostas, expoñendo ideas e proxectos que nos gustaría levas adiante e dos que pensamos que millorarían a vida de todos os veciños.

Pensamos que se pode transformar e millorar Neda desde dentro e coa xente.

O noso traballo baséase na transparencia, a participación directa, a defensa dos dereitos veciñais. Facemos propostas concretas en materia de urbanismo, vivenda, infraestruturas, servizos e transición enerxética. Pensamos que é posible revitalizar o Concello e loitar contra as dinámicas de despoboamento ou deixadez institucional e o abandono dos partidos institucionais.

Coñece MOVENEDA e as nosas propostas políticas, sociaís, económicas e culturáis.

Impostos
Impostos

Moveneda propón taxar as empresas electricas e de gas polo paso de tendidos en instalación polo dominio público. Esta proposta foi levada en moción ó pleno e foi rexeitada polos votos de PSOE e BNG

 

O Programa Económico para Neda de Moveneda é unha sólida alternativa que busca un desenvolvemento equilibrado e sustentable, adaptado ás necesidades dos veciños de Neda.

Vivenda
Manifestación pola vivenda en Vigo

Os desafiuzamentos, o acceso a vivenda ou os prezos do aluguer poñen no centro do debate político e social a necesidade de cambios urxentes que garantan o dereito a vivenda digna para a clase traballadora e os sectores populares.

A especulación inmobiliaria, a escaseza de vivenda pública, e unha xestión da vivenda como un negocio a desposúen da súa condición de dereito.

Os diferentes administracións non poñen en funcionamento todas as ferramentas o seu alcance.

  • No Concello de Neda, dende Moveneda propuxemos moitas veces crear unha Bolsa Municipal de Vivenda, que xestione o aluguer e as vendas.

  • Tamen propoñemos que o Concello fixe prezos relulados para mozos e familias.

  • Por outra banda propoñemos un rexistro e control das vivendas adicadas ao alugueiro turístico

É fundamental unha resposta social, organizada e combativa capaz de artellar un movemento amplo de defensa do dereito a vivenda digna en base a propostas que acaben co especulación e que a vivenda sexa o dereito efectivo recollido na Constitución.

o manifesto fundacionaldo Movemento Veciñal de Neda

Moveneda xurdiu en 2015 cuns parámetros políticos e ideolóxicos claros. Esta foi a nosa declaración política naqueles momentos

Manifesto politico de MoveNeda - 2015

A crise que afecta a Europa e o Estado español trouxo repercusions que nos tocan a todos. A oligarquia aproveitou a excusa da crise economica pra atacar salvaxemente as clases traballadoras, que vemos como nos recurtan os salarios, a sanidade, a educacion, as pensions e os servizos. Mesmo vemos como coa sua Lei Mordaza nos rouban dereitos constitucionais.

Vencellada a economica, acontece unha crise politica. As institucions do Rexime de 1978 estan deslexitimadas. A quebra etica e politica extendeu un tumor por todo o sistema. A corrupcion e xeral, o Rei e seus familiares, institucions, partidos e mesmo os sindicatos. O sistema esta infectado por unha casta politica corrupta e adicada ao roubo masivo dos bens publicos.

A podremia non e casual nin puntual. O Rexime foi unha estafa xa dende un principio. Os franquistas reconverteronse en democratas da noite a maña. Os que xa levaban 40 anos mangoneando mudaron nunha nova casta prepotente, privilexiada, que se sinte impune roubando e que fai o que sexa pra se manter no poder. e unha democracia de baixa intensidade que traizoa un principio basico: a participacion do pobo nas decisions politicas, porque, ainda que nos dan a sensacion de decidir cada catro anos, esta claro que nos, xente comun, non temos ferramentas politicas efectivas pra dar resposta as nosas necesidades.

A crise trouxo tamen esperanza. A mesma que encheu prazas o 15 de Maio de 2011 e das que xurdiron alternativas de participacion: As mareas cidadans na defensa da educacion e a sanidade publica, as Marchas da Dignidade, as plataformas das preferentes, dos desafiuzamentos ou dos enfermos de hepatite. Ningunha ten explicacion sen os ventos democraticos que trouxo o 15M.

Asemesmo, as derrotas politicas do Partido Popular no ultimo ano deben facernos pensar que pra virar a situacion e necesaria unha nova maioria popular, concienciada, organizada, mobilizada e combativa. Nos, os cidadans comuns, debemos organizarnos e formar unha unha potencia democratica e participativa, unha intelixencia colectiva que supere este sistema bipartidista apodrecido, porque a pasividade e a indiferenza non serven. Son parasitismo e contribuen a corrupcion e a crise.

Por todo isto, MOVENEDA plantexase coma unha iniciativa popular, aberta, participativa e asamblearia. A primeira tarefa e concienciar e fomenta-la actividade politica de todos os veciños. Entre todos debemos debater ideas e elaborar propostas. Chegado o momento, tamen deberemos plantexarnos escoller xente capacitada e comprometida pra levar estas propostas adiante. Pra iso, o obxetivo debe ser gaña-la alcaldia nas vindeiras eleccions municipais. e o momento de toma-lo control das institucions, de poñelas o servizo da maioria social e o ben comun. Nos, o pobo traballador, debemos se-lo motor da accion politica e recupera-lo protagonismo en novos gobernos que deben estar suxeitos a participacion permanente e consciente de todos nas decisions politicas.

So nos mesmos podemos garanti-lo cumprimento escrupuloso da nosa vontade democratica. Chegou a hora de demostrar que e posible construir un concello digno, acolledor, solidario e baseado no benestar das persoas, chegou o momento de gañar Neda pra os veciños.

Neda, Nadal de 2015

manifesto electoral 2019MoveNeda

En 2019 Moveneda presentouse con máis experiencia, con propostas máis definidas. Esta foi a nosa declaración política para as eleccións.

E chegou a pandemia...

Quen somos? Manifesto politico de MoveNeda - 2019

MOVENEDA e unha agrupacion de veciños comuns que promove a participacion democratica, directa e asamblearia. Nos organizamos libre e independentemente. Non estamos sometidos a disciplina nin obediencia a partidos. Non temos presions de bancos, empresas ou outros intereses inconfesables. So rendemos contas ante os demais veciños de Neda.

MOVENEDA recolle o testigo da Agrupacion Democratica Independente, aquela primeira candidatura electoral, que no ano 1979 e despois de 40 anos de dictadura, tivo a valentia de reivindicar e recuperar a participacion democratica de todos no Concello.

Pensamos que os veciños podemos e debemos participar de xeito directo e consciente nas decisions de goberno e no futuro de Neda. Ese e o noso proposito principal: fomentar a informacion e a implicacion de todos na xestion do concello. Porque Neda e da xente.

POR QUÉ MOVENEDA?

En 2015 viñamos de oito años escuros. O nivel era moi baixo, con unha xestion desastrosa e moitas carencias democraticas. A oposicion tampouco era millor porque non fixo un control axeitado do goberno. Pensabamos que un cambio de persoas e de estilo na corporacion ia traer unha radical millora no concello. Pero nos equivocamos.

O goberno do Pacto Tripartito fixo o mesmo de sempre: andar os biosbardos os tres primeiros anos, botar balons fora e, de repente, ruxe-ruxe de obras e de actividade. Febre de publicidade e autobombo meses antes das eleccions. É a vella e eficaz formula do caciqueo galego. E o fan porque que funciona. Porque temos a memoria moi curta. Porque con tal de ter algo, nos contentamos con pouco.

QUE FIXEMOS?

Traballamos por e para todos. Fixemos unha oposicion constructiva, presentando sempre propostas alternativas. Ofrecimos ideas para ser discutidas, milloradas e acordadas. Evitamos esa actitude partidista que entende a politica como un enfrontamento onde hai que gañar e impoñer a opinion propia a toda costa. Nos non funcionamos asi.

Tentamos corrixir o que pensabamos que non era bon ou non suficientemente bon. Porque non nos vale con facer cousiñas deslabazadas eiqui e acola: queremos o millor e o queremos ben feito.

QUE QUEREMOS? TI QUE QUERES?

A lei obriga os concellos a manter uns servizos. E a xestion do dia a dia: asfaltar, poñer un punto de luz, manter todo en funcionamento e ir millorando. Esa e a tarefa minima dun goberno. Fachendar do minimo so o pode facer que ten un concepto mediocre da politica e de como debe ser un concello como Neda. Gobernar é traballar polo futuro, por un fogar grande e en comun. Por un concello do que os nosos fillos non teñan que marchar; onde a xente queira vir a residir e todos atopen o necesario para vivir e desfrutar da vida.

Se revisamos o programa electoral da Agrupacion Democratica Independente de 1979 vemos que despois de tantos anos ainda segue a ser necesario un reparto moito mais equitativo dos recursos entre o nucleo urbano e as parroquias.

Alguen dubida da necesidade dunha planificacion a 7, 15 ou 25 anos? Enton, por que todavia non existe tal proxecto integral?

En determinados asuntos de calado, como a despoboacion, a vivenda, os servizos publicos, ou o PXOUM e preciso chegar a acordos xenerosos e responsables. Entre todos. Veciños e forzas politicas debemos comprometernos para que, goberne quen goberne, se leven a cabo estes proxectos a medio e longo prazo.

Porque gobernar e traballar polo interese xeral. Gobernar e resolver os problemas de todos, non os dos poucos. Por iso nos apostamos pola igualdade de oportunidades no acceso as axudas, os postos de traballo e os contratos que xera o concello.

E necesario que os veciños comuns, sen intereses partidistas ou persoais, teñamos presenza reforzada na corporacion. Debemos ter capacidade para gobernar, influir e ser parte activa das decisions

E para iso e necesario un Concello coas portas abertas. A todos, veñan de onde veñan, vivan onde vivan, opinen o que opinen e votasen a quen votasen. Porque os veciños non nos merecemos que nos mintan nin nos tomen por tontos. Calquera que sexa a responsabilidade que se nos encomende, goberno ou oposicion, seguiremos propoñendo alternativas, fomentando o debate e o acordo, a informacion e a participacion, a honestidade e a transparencia. Para que Neda se mova cara o futuro.

Por iso, te convidamos a que deas un paso adiante e participedes connosco no cambio e na construccion do futuro que merecemos todos.

Ti como queres que sexa o teu concello?

a nosa historia10 anos de Moveneda

Moveneda xurde ó abeiro dos movementos de contestación cidada de 2014 e a resposta veciñal contra a deriva e as actitudes autoritarias do alcalde do PP Ignacio Cabezón

Acto de Moveneda na Casa da Cultura
Acto de Moveneda na Casa da Cultura
Acto de Moveneda na Casa das Palmeiras

Antes das elección de 2015

En Neda houbo unha forte reacción e oposición veciñal surxida como frente ao despotismo do Partido Popular e Ignacio Cabezón. Decisións do alcalde contra os intereses dos veciños, como creditos abusivos contratados con entidaddes bancarias, a suba do IBI e da auga, crearon os primeiros mimbres cos que se construiu o cambio de signo no goberno do concello. Tamén houbo sospeitas de posible corrupcion, e así, na etapa do PP de Ignacio Cabezón levamos ante á Fiscalía a venta de madeira nos montes municipais no Coto de Ancos por un prezo moi inferior ao de mercado

Lexislatura 2015-2019: O goberno tripartito

Cabezon e o PP perden a maioría e entra MOVENEDA con forza no concello, con dosu concelleiros. Esta lexislatura estivo marcada polas peculiaridades do tripartido formado por PSOE-BNG-CG. Non era un goberno, era o PSOE por un lado, o BNG centrados no seu cortijo da Concellería de Cultura e Antonio "Toniño" Seijo por libre e o seu aire.

As esperanzas de renovación e de ver outras formas e propostas políticas no concello pronto se viron frustradas polas actitudes do alcalde Alvariño.

Un caso que exemplifica como todos os partidos isntitucionais se tapan entre eles, foi cando MOVENEDA en solitario esixiu ó goberno tripartito de Ángel Alvariño que se "tomase accions legais" contra a concelleira do PP, Montserrat Rico, xa que presuntamente tratou de acceder a datos fiscais confidenciais dunha empresa contratada polo Concello "suplantando" a súa identidade fiscal. En todos estés casos a colaboración de PP e PSOE para esclarecer o sucedido foi nula, e non xa digamos para asumir responsabilidades..

Lexislatura 2019-2023: o rodillo da maioría absoluta

Alvariño consegue maioria absoluta e o seu goberno torna abertamente en maneiras de autoritarismo e despotismo. Foi evidente nesta lexislatura o uso dos recursos públicos para manipular á opinion, adicando cartos a publicidade partidista e personalista.
Tamen foi a lexislatura da parálise causada polo COVID, que afectou a un goberno que de por si non tivo nunca iniciativas politicas relevantes e de calado para o futuro.

Lexislatura 2023-presente: esgotamento de ideas e parálise

Alvariño, con autenticas maneiras caciquiles goberna cun equipo mermado, canso, sen experiencia, sen ideas e notablemente incapaz. Non teñen proxecto de que queren facer con Neda a 5, 10 ou 25 anos. Traballan ao dia e respondendo tarde mal e a rastro aos incidentes que van saindo.
O esgotamento e incapacidade e máis evidente tras a demisión, en 2024, José Sanmartín, ate o momento Concelleiro de Servizos por "razóns persoais".

Esta dimisión producíase casualmente despois de que MOVENEDA presentase unha denuncia ante a Inspección de Traballo por un posible delicto contra a saúde dos traballadores.

Tamén impulsamos varias queixas diante da Valedora do Pobo, por temas referentes a falta de transparencia.

a laboura da oposicióncontrol ó goberno

Moveneda xurde ó abeiro dos movementos de contestación cidada de 2014 e a resposta veciñal contra a deriva e as actitudes autoritarias do alcalde do PP Ignacio Cabezón

Pleno do Concello de Neda na Casa da Cultura

A laboura da oposición no Concello
A oposición debe vixiar con rigor a acción de goberno, fiscalizando orzamentos, acordos e contratos para garantir legalidade e eficiencia. Debe propor alternativas construtivas ás políticas municipais, adaptadas ás necesidades locais.

É esencial facilitar a participación cidadá, recollendo demandas veciñais e canalizando as súas inquedanzas. Debe actuar como contrapeso democrático, esixindo transparencia e rendición de contas nas comisións informativas e plenos, transmitindo toda esa información obtida ós veciños.

Ademais, a oposición representa a diversidade social do concello, dando voz a colectivos non representados polo goberno, promovendo o diálogo institucional evitando bloqueos estériles, sempre priorizando o ben común fronte ao partidismo.

Dende a oposición, a laboura de Moveneda céntrase en denunciar deficiencias e carencias na administración local, como obras mal executadas (por exemplo, as marquesiñas da rúa, limpezas e desbroces, etc...).
Moveneda exerce o control democratico da laboura do goberno municipal.

a primeira lexislatura2015 - 2019

A ilusión do inicio, a dura aprendizaxe e o bloqueo do goberno tripartido PSOE-BNG-CG

Pleno do Concello de Neda
Pleno do Concello de Neda
Carlos Caaveiro e Juan Carlos Pita

Nesta primeira lexislatura resultaron elexidos conceleiros a compañeira Leticia Iglesias e Juan Carlos Pita, como membros da corporación para a lexislatura 2015-2019.

En 2016, Leticia Iglesias cede o posto a Carlos Caaveiro
Concelleiros de Moveneda

  • Leticia Iglesias (2015–2016)

  • JuanCarlos Pita (2015-2019)

  • Carlos Caaveiro (2016–2019)

O goberno tripartito

A lexilatura estivo marcada polas peculiaridades do tripartido PSOE-BNG-CG. Non era un goberno, era o PSOE por un lado, o BNG no seu negociado de Cultura e logo Antonio Seijo, ó seu, por libre.

O Goberno Tripartito (PSOE, BNG e CG) foi o exemplo de como gobernan forzas ideoloxicamente dispares con intereses partidistas: a coalición convértese en escenario de competición estéril. Priorizan poñerse medallas, disputar a visibilidade e bloquear iniciativas do socio para non "perder poder".

Esta deslealdade xera parálise, medidas inconexas e desenfoque do ben común. No canto de sumar capacidades, multiplican conflitos internos, deixando necesidades cidadás (servizos, infraestruturas) á marxe. Son gobernos de egoísmo político, non de servizo.

segunda lexislatura2019 - 2023

Maioria absoluta do PSOE: Alvariño impón o rodillo absolutista e a laboura democrática da oposición torna case imposible... e por riba, ven o COVID.

Pleno do Concello de Neda
Alvariño e Ana Rosa Pena, no Ateneo Ferrolán

O compañeiro Juan Carlos Pita era o candidato a alcalde e foi elexido como concelleiro da corporación para a lexislatura 2019-2023.

En 2021, a metade da lexislatura, cedeu o relevo a Carlos Caaveiro

Concelleiros de Moveneda

  • JuanCarlos Pita (2015-2021)

  • Carlos Caaveiro (2021-2023)

Lexislatura 2019-2023: o rodillo da maioria absoluta

A absoluta sumisión do BNG na lexislatura anterior provocou que Alvariño conseguise maioría absoluta. O seu goberno torna en maneiras de autoritarismo e despotismo.

Moveneda xa viña xa de vivir as dificultades de facer oposición prácticamente en solitario na lexislatura anterior e nesta nova repetíamos contra unha maioría absoluta, enfrontados a un rodillo institucional: o goberno ignora propostas alleas, limita tempos de palabra e aproba acordos sen debate real.

A falta de diálogo asfixia a crítica construtiva e invisibiliza alternativas. A fiscalización do que fai e deixa de facer o goberno municipal é simbólica xa que as votacións son predecibles, eas comisións controladas polo goberno.

A falta de mínimos democráticos dificulta a laboura da oposión: o goberno municipal non proporciona información, oculta documentos, as explicacións nas Comisións de Area son probres ou inexistentes. Moveneda ten que acodir várias veces á Valedora do Pobo para que obrigue o goberno de Alvariño a proporcionarnos información á que temos dereito de acceso.

O desgaste é dobre: frustración dos veciños ao ver inutilizada a oposición e deslexitimación sistemática ("estorbo" vs. contrapropuesta). A democracia local convértese en monólogo e autocracia.

terceira lexislaturade 2023 á actualidade

A lexislatura da arterioesclerose: Alvariño xa da mostras de absoluto esgotamento, goberna sen ideas, con dimisións forzadas e un equipo que suma nulas capacidades

Candidatura 2023
Candidatura 2023
Neiva Tristao

Nas Elección Municipais de 2023 o compañeiro Carlos Caaveiro era o noso cabeza de lista e candidato a alcalde e resulta elexido como concelleiro na nova corporación para a lexislatura 2023-2027.

En Xuño de 2025 dimiteu e deu o relevo nas responsabilidades á compañeira Neiva Tristao

Concelleiro/a de Moveneda

  • Carlos Caaveiro (2023-2025)

  • Neiva Tristao (2025-2027)

Lexislatura 2023-presente: esgotamento de ideas e parálise

A lexislatura esta marcada pola "renovación" de caras no grupo do PSOE. Antes das eleccións, a Alvariño o abandona gran parte da "vella guardia" que acompañou nos ultimos 6 anos, como Ana Rosa Pena, Gonzalo Ferreiro e Soraya Fernandez

Alvariño vese abocado a presentar un equipo "de caras novas", collido a lazo, sen experiencia, que no decorrer da lexislatura deixa ver as suas evidentes carencias.

En 2024, producese a dimisión do Concelleiro de Servizos, José Sanmartin, por "asuntos persoais". O certo e que a súa dimision se coincide coa denuncia de MOVENEDA ante a Inspección de Traballo, por un posible delito contra a saúde dos traballadores,tras detectar que operarios do concello foron obrigados a manexar productos toxicos con asbestos sen as debidas proteccions, medidas nin estar autorizados para elo.

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.