Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O concello non acomete traballos preventivos xa solicitados dende marzo

Visitas: 292

 

Tras queixas dos veciños, en Marzo, MOVENEDA meteu por rexistro no Concello unha solicitude para a limpeza das arquetas e alcantarillas da rua Rio Belelle e as paralelas.

En setembro, máis de seis meses despois de avisar, e a piques de vir as choivas do inverno, nos atopamos que o estado das mesmas segue igual: o Concello no fixo nada.

Interpelado no pleno do lunes pasado o Concelleiro de Obras e Servizos o Sr. Garcia Cordero nos contesta o seguinte:

- "Se estan limpiando. [ ] En Rio Belelle no hay ninguna que no funcione. [ ] Se fueron mirar. [ ] No hay ninguna que este como la fotografia."

Podedes ver e escoitar a pregunta de Carlos Caaveiro, concelleiro de Moveneda e a resposta no video (Minuto 36:45) Video pleno 

Dúas opcións: García Cordero minte ou no sabe do que fala

É certo que a cuadrilla de operarios do Concello estan a facer moi boas e intensivas labouras de reparacions e mantementos. Pero neste caso pensamos que o concelleiro Cordero equivocouse ou estaba mal informado.

Coma podedes comprobar nas fotos, o estado da alcantarilla O MESMO LUNS do Pleno non corresponde co afirmado por parte do Goberno Tripartito.

Para que non haxa dubidas, ontes voltamos a sacar a foto cunha irrefutable proba da fecha na que foi sacada. O estado e identico dende Marzo.

E isto acontece tamen en outras ruas do concello, coma a Avenida de Alxeciras (3 ultimas fotos), onde tamen atopamos alcantarillas tupidas sen limpar.

Moveneda esixe

O que pedimos dende MOVENEDA e:

  • PLANIFICACION deste tipo de traballos periodicos: desbroces, limpezas e mantementos preventivos.

  • VERIFICACION de que estes traballos se fan correctamente e nun tempo axeitado, especialmente cando son contratos con empresas de servizos.

Galería de imaxes


Etiquetas:

plenos, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.