Hai semanas propuxemos que o Concello de Neda se presentase as subvencións da Xunta para dotarse dun remolque de Punto Limpo Movil. Non temos constancia de que fixeran nada. Como esta, existen outras axudas para dotacións, por exemplo para instalar un punto de recarga de vehículos eléctricos como fixo o Concello de Cerdido.
Os concellos poden dar impulso á transición enerxética e millorar as infraestruturas municipais con axudas do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, dotado con 11,4 millóns de euros. O prazo para presentar proxectos está aberto ata o 6 de marzo.
Este plan permite ós concellos financiar a instalación de paneis solares, puntos de recarga eléctrica, mellorar a eficiencia enerxética e adquirir vehículos ou equipamentos para a recollida de residuos, entre outras iniciativas.
Estas subvencións son unha oportunidade para que concellos pequenos, como o de Neda, melloren os seus servizos, sen depender de recursos propios. Tamén permite acometer proxectos de gran calado que doutro xeito serían difíciles de asumir economicamente.
O exemplo do Concello de Cerdido, que instalou un punto público de recarga para vehículos eléctricos con estas axudas, é moi interesante para Neda, onde xa temos taxistas con vehículos electricos que poderían dar bon uso a estes puntos de recarga.
Desde MOVENEDA queremos denunciar que non temos constancia de que o Concello de Neda se estea presentando a este tipo de subvencións, malia tratarse de oportunidades claras para mellorar os servizos municipais.
Non sabemos se o Concello non solicita estas axudas por descoñecemento, por deixadez, por vagancia ou, pior ainda, por decisións políticas. En calquera caso, o resultado é o mesmo: Neda perde oportunidades mentres outros concellos avanzan.
EXEMPLO DE DESLEIXO: O PUNTO LIMPO MOVILUn caso especialmente grave é a perda da oportunidade para dotar ó noso concello dun Remolque Punto Limpo Móvil para facilitar a reciclaxe, mellorar a xestión de residuos e achegar os servizos ambientais á veciñanza das zonas rurais.
Podedes ler o artigo que publicamos no seu momento: Neda pode apostar por un Punto Limpo Móbil coas novas axudas da Xunta.
Desde MOVENEDA imos esixir o goberno municipal que explique publicamente:
Cantas solicitudes presentou nos últimos anos.
Cantas subvencións perdeu por falta de iniciativa.
Os recursos existen. As oportunidades tamén. Falta vontade política e unha xestión eficaz que poña os intereses da veciñanza por diante da pasividade e dos cálculos elctoralistas e partidistas.
ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |