Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Neda pode apostar por un Punto Limpo Móbil coas novas axudas da Xunta

Visitas: 618

A Xunta asigna máis de 1,6 millóns de euros para que os concellos como Neda melloren os seus puntos limpos fixos ou adquiran puntos limpos móbiles. Dende MOVENEDA facemos un chamamento público ó grupo de goberno para que solicite canto antes estas axudas e aposte por dotarse do servizo de punto limpo móbil no noso concello, para facilitar a reciclaxe e paliar o problema dos residuos voluminosos

Por que un punto limpo móbil?

Moitos residuos domésticos e voluminosos, como mobles, aparellos eléctricos ou electrónicos, restos de poda ou escombros de obras domésticas, non teñen cabida nos colectores convencionais e requieren un tratamento especial. Un punto limpo móbil permite recoller este tipo de residuos, facilitando a súa reciclaxe ou correcta xestión. 

Este puntos móbiles son especialmente útiles en concellos pequenos ou con poboación dispersa, mellorando a accesibilidade do servizo para toda a veciñanza, especialmente ós veciños que viven en parroquias rurais ou núcleos afastados. Ademais, a implantación dun punto limpo móbil contribúe á prevención do verquido de residuos voluminosos ou perigosos en lugares non axeitados.

Unha aposta polo benestar da comunidade e polo medio ambiente

Dende MOVENEDA consideramos que avanzar nunha xestión moderna e responsable dos residuos é un compromiso colectivo.

A creación dun punto limpo móbil en Neda non só permitiría que a veciñanza poida desfacerse de residuos complicados sen dificultades, senón tamén contribuíría a fomentar hábitos de reciclaxe, reducir o impacto ambiental e promover o reciclado de materiais.

Polo noso benestar, polo futuro de Neda

Instamos ó Concello de Neda a aproveitar esta convocatoria de axudas da Xunta e presentar canto antes un proxecto para un punto limpo móbil.

Dende MOVENEDA ofrécemonos para colaborar na difusión, sensibilización e mobilización da veciñanza na responsabilidade colectiva cos residuos é un concello máis sostible.


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.