
Dende MOVENEDA valoramos positivamente o programa de acompañamento social e emocional para persoas maiores e veciñanza en situación de soidade non desexada. A edición pasada en Neda deu resultados moi positivos pero que mantén unha eiva de fondo: a temporalidade.
A saúde psicosocial non é unha bombilla que se poida acender e apagar a vontade. Estes programas funcionan moito millor con continuidade: cada parón rompe vínculos e obriga a empezar de novo, desfacendo parte do traballo xa feito.
Por iso a concelleira Neiva Tristão formulou publicamente dúas peticións:
• Á Xunta, que Aloumiños deixe de ser intermitente e conte cun financiamento estable.
• No caso de que a Xunta non dea a continuidade axeitada, que sexa o Concello de Neda quen tome o relevo, cos seus propios medios.
NON É UNHA PETICION NOVACando rematou a edición anterior, MOVENEDA pediulle ao goberno de Alvariño que continuase o programa, como fixo San Sadurniño. Lamentablemente recibimos unha negativa, algo sorprendente nun concello que presume de sensibilidade social. Moito máis incomprensible cando o custe é de arredor de 3.000 euros por seis meses.
Dende MOVENEDA entendemos que esta proposta ten toda a lóxica do mundo e merece o apoio de todos:
• Ten un custo máis que razonable. 3.000 euros é unha cifra irrelevante para o orzamento municipal e resulta dez veces inferior ao destinado a publicidade e propaganda.
• É eficaz e está contrastada. Non se pide experimentar nada: pídese manter algo que xa demostrou que funciona en Neda.
• Aproveita o investimento xa feito. Deixar caer o programa cada poucos meses obriga a reconstruír unha e outra vez uns vínculos que xa custaron esforzo e cartos.
• É prevención. Combater a soidade non desexada reduce illamento, deterioro cognitivo e dependencia, millora o benestar xeral e aforra custos moito maiores ao sistema público.
• Xa hai quen o fai. Se un concello como San Sadurniño pode asumilo, Neda tamén.
• Responde á realidade de Neda, cunha poboación cada vez máis envellecida e con máis persoas vivindo soas.
MOVENEDA volverá levar esta proposta ás comisións de área e ao pleno, e pide o apoio de todos os grupos políticos e da veciñanza. O traballo da opòsición non é só fiscalizar: facemos propostas concretas e viables, e defendémolas ante todas as administracións.
xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, servizos municipais, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |