Moveneda apoia a folga e chama á veciñanza a solidarizarse cos traballadores e traballadoras da Sanidade Pública na xornada de folga convocada para mañá xoves, 12 de marzo, para todo o persoal da Atención Primaria de Galicia.
A folga servirá para denunciar a situación límite que atravesa este nivel esencial do noso sistema sanitario público. MOVENEDA sumouse ó manifesto en apoio a esta mobilización.
A Atención Primaria leva anos en caída libre. A situación é grave e afecta directamente a toda a veciñanza:
Todo isto provoca que se colapse as urxencias hospitalarias e que as enfermidades se detecten tarde, aumentando o sufrimento das persoas
A Consellaría de Sanidade leva meses sen dar respostas nin tomar medidas efectivas. Por iso o persoal di basta.
Solucións reais e urxentes: limitar as axendas sobrecargadas, contratar máis profesionais en todas as categorías, eliminar a burocracia innecesaria, establecer ratios adecuadas e garantir a sustentabilidade do sistema.
Está tamén convocada unha concentración ás 11:00 horas ante a Consellaría de Sanidade (complexo administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela). Anímate a ir se podes.
Porque a Atención Primaria é a porta de entrada ao sistema sanitario público. Cando falla, fallan os centros de saúde do noso concello, fallan as consultas, falla a atención aos nosos maiores e ás nosas crianzas. Defender a Atención Primaria é defender a sanidade pública de todas e todos.
MOVENEDA apoia esta folga e fai un chamamento á veciñanza de Neda a respectar, apoiar e visibilizar esta mobilización.
moveneda, galicia, loita obreita, xunta de galicia
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |