Os sistemas sanitarios orientados á Atención Primaria logran unha maior esperanza de vida, teñen menores taxas de mortalidade, mellor control de enfermidades crónicas e melloran o funcionamento global do resto do Sistema Sanitario.
Con todo moitos centros de saúde en Galicia están saturados, carecen do persoal suficiente, pecharon no medio rural ou funcionan a medio gas. A espera media supera os 10 días; 11.000 mil nenos galegos carecen de pediatra; o persoal abandona a AP pola precariedade laboral mentres se contratan profesionais sen formación especializada en AP, poñendo en risco o modelo e a atención.
Un problema importante é que unha parte de quen toma decisións políticas non a utilizan, por pertencer ás obsoletas Mutualidades de Funcionarios/as. Como consecuencia desta crise dispáranse os casos graves, colápsanse as urxencias hospitalarias, empeórase o prognóstico das doenzas e multiplícase o sufrimento das persoas enfermas.
A Atención Primaria necesita cambios e melloras para saír da crise:
Desde SOS Sanidade Pública facemos un chamamento a mobilización social e profesional para defender e fortalecer a Atención Primaria Galega

![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |