O dixital Ferrol360 recolle a proposta para que o Concello de Neda se dote dun Punto Limpo Movil. Nunha publicación de hoxe recolle o noso chamamento público ao goberno de Alvariño para que solicite canto antes as axudas da Xunta destinadas a mellorar os servizos de xestión de residuos.
Un punto limpo móbil en Neda permitiría recoller este tipo de materiais e garantir a súa correcta xestión e reciclaxe, evitando ademais verteduras incontroladas en zonas rurais ou espazos naturais.
Consideramos que estamos ante unha oportunidade clave para avanzar cara a unha xestión de residuos máis moderna, accesible e sostible, que permita dar resposta ao crecente problema dos residuos voluminosos no municipio.
Podes ler a nova en Ferrol360:
moveneda, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |