Recibimos aviso por un veciño dos traballos que están a realizarse á altura do número 127 da Avenida de Alxeciras e ten toda a pinta que por fin se vai dotar de luz a ese paso de peóns.
Podedes comprobalo. Levamos 10 anos pedindo ó Goberno do Concello que dote de luz a dito paso de peóns.
Botade un ollo a esta acta (facer click eiquí) que levantamos dunha Comisión de Area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil celebrada o en setembro de 2016, con Antonio Seijo como concelleiro do Goberno Tripartito (PSOE-BNG-CG).
Daquela foi o noso concelleiro Juan Carlos Pita o que solicitaba dotar de maior seguridade a ese punto:
- A primeira pola sinalizacion do paso de peons da Av. Alxeciras 100-102. MOVENEDA estima que mentres non se resolva pola Diputacion a solicitude de mellora de toda a sinalizacion da travesia de Neda, segundo o informe da Policia Local, era boa medida que se poñan uns sinais fosforescentes no citado paso de peons para aumentar a visibilidade da sinalizacion actual e minimizar o risco ao cruzar debido a unha deficiente iluminacion.
Que estas actuacións teñan levado 10 anos, da boa medida do nivel de irresponsabilidade co que actúa goberno de Angel Alvariño en asuntos que afectan á seguridade dos veciños. O realmente grave é que isto non é un puntual: é a expresión da indolencia sistemática e dunha incapacidade de xestión que os veciños no podemos seguir tolerando.
comunicados de prensa, concello de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |