Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

2016-09-30 Informe da Comision de area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil

Visitas: 314

O pasado venres 30 de setembro de 2016, tivo lugar a Comision de area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil. O concelleiro desta area, Antonio Seijo, informou a comision de varias materias:

Deportes. Colaboracion do Concello con diversos campionatos coa merca de trofeos: Torneo Futbol S.D. Neda, Chave ( O Fumazo) e o Torneo Futbol-sa O Roxal.

Tamen falou do Memorial Adolfo Ros. Este ano toca organizalo a Neda, data probable sera o dia 4/12/2016. Esta prevista facer a saida e chegada no Pavillon, ainda que se baralla que para os que fagan a proba en cadeira de rodas a meta situarase no inicio da rua de subida o pavillon.

Trafico.

Informou da reposicion de sinalizacion en varias zonas do Concello, asi coma do pintado de liñas amarelas en varias esquinas e saidas.

Tamen que van instalar un espello na beirarua do Banco de Santander, na saida do Camiño dos Pazos (rua Curros Enriquez). Tamen da colocacion dun sinal de direccion prohibida no camiño de acceso a piscina polo lateral do Parque do Galeon.

Preguntas de MOVENEDA

O concelleiro de MOVENEDA Juan Carlos Pita fixo varias preguntas e requerimentos o concelleiro Seijo.

  • A primeira pola sinalizacion do paso de peons da Av. Alxeciras 100-102. MOVENEDA estima que mentres non se resolva pola Diputacion a solicitude de mellora de toda a sinalizacion da travesia de Neda, segundo o informe da Policia Local, era boa medida que se poñan uns sinais fosforescentes no citado paso de peons para aumentar a visibilidade da sinalizacion actual e minimizar o risco ao cruzar debido a unha deficiente iluminacion.
  • Falouse tamen do sinal que colocaron no acceso a piscina e solicitamos que se faga unha excepcion pra bicis, xa que e o acceso cara a ponte do paseo maritimo.
  • Pita sinalou a necesidade de pintado de saidas perigosas. Volveu a a insistir na necesidade do pintado da saida en Sta Maria (ao lado de El Puente) e na saida do Carreiro na estrada de Ortigueira.
  • Solicitouse a retirada ou reposicionamento do contenedor de aceites usados que hai na acera do adro da igresa de Sta Maria, xa que resta visibilidade e moita da xente que soe ir a igrexa e o cemiterio son persoas maiores.
  • No supermercado DIA do Coto, o camion que trae a mercancia descarga parado enriba do paso de peons. O Concelleiro Seijo asegurou que vaise vixiar ese tema.
  • E por ultimo nos asuntos de trafico, debido o deterioro que esta a sufrir o edificio do matadoiro do Basteiro pediuse que retiren o espello que esta ancorado na sua fachada e o cambio para a farola da acera, porque e novo e se vai a estragar cando se derribe o edificio.

Tellado do pavillón

Xa na Area de Deportes, e no asunto do Tellado do pavillon, MOVENEDA insistiu en que ademais de subir o concelleiro, ten que dar o visto bo as reparacions feitas o arquitecto municipal.

2016-09-30 Informe da Comision de area de Deportes, Seguridade Cidada, Transportes e Proteccion Civil

outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.