Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

documentación Moveneda

Download details
2016-01-21 - Acta Pleno Ordinario Xaneiro 2016-01-21 - Acta Pleno Ordinario Xaneiro 2016
Only registered and logged in users can download this file.

ROGOS E PREGUNTAS.
Intervén en primeiro lugar o portavoz do grupo municipal do PP, Sr. Cabezón Lorenzo, quen formula os seguintes rogos e preguntas:

1o.- Solicitamos se nos informe de nuevo si se ha producido algún avance en la redacción de los pliegos para la licitación de la gestión de la escuela infantil toda vez que la obra civil está concluida y el tiempo apremia.

Sr. Alcalde: dende as concellerías competentes e os servizos xurídicos, económicos e técnicos municipais se está a traballar na redacción de pregos para a posta en marcha canto antes da escola infantil.

2o.- Solicitamos se nos informe de las quejas de los hosteleros porque el canje de los tickets de servicios sociales se realice siempre en Eroski, dado que nosotros lo ofrecimos y siempre se nos argumentó que no interesaba por la forma de pago que tiene el Concello.

Sr. Alcalde: agora parece que si existe disposición por parte doutros hosteleros do municipio.

3o.- Dado que se acaba de otorgar al Concello de Narón una concesión para un área de hostelería en el Paseo marítimo, nos gustaría saber porque nuestro proyecto se encuentra paralizado cuando por otra parte además está corriendo el tiempo de concesión.

Sr. Alcalde: o Concello conta coa concesión da Costas do Estado, pero non cos permisos de instalación, así que nos vemos na obriga de realizar unha consulta á Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia sobre a posibilidade de realización da obra en terreos dotacionais de acordo con Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente en setembro de 2014.

4o.- Que ha ocurrido con respecto al establecimiento "Bus de Neda" puesto que se nos indica que quieren retirarlo del Paseo Marítimo y que se le ha retirado tanto las llaves del albergue de peregrinos como el sello para sellar la compostela, al hilo de esto queremos saber cómo se está gestionando el albergue dado que hay gente que ha llegado a dormir el porche.

Sr. Alcalde: non se lles retirou permiso de ningún tipo, simplemente había unha conexión indebida ao fluído eléctrico e se lles requiriu para que o puxeran en orden. Por outra banda, se lles pediu que retiraran o bus para o día da festa do pan, toda vez que o Concello licitou un ambigú e eles nin tan sequera se presentaron á licitación.

Sra. Pardo Rodríguez: en canto o servizo que prestaban para o albergue de peregrinos non lles correspondía, xa que según teño coñecemento verbal Protección Civil ten un convenio asinado co Concello, por importe de 3.000 euros anuais, e son eles os encargados da atención no albergue.

5o.- Solicitamos también conocer qué medida se ha tomado en cuanto a la aportación económica del Concello a las distintas comisiones de fiestas dado que la Sra. Pardo en una comisión de Delegados de área acusa al anterior gobierno de "arbitrariedad" en su concesión cosa que rechazamos de forma tajante.

Sra. Pardo Rodríguez: dende o goberno municipal estamos traballando para elaborar un regulamento que ordene as aportacións económicas do Concello ás comisións de festas, de acordo cun criterio homoxéneo de asignacións a cada unha delas.

A continuación intervén a concelleira do grupo municipal do PP, Sra. Rico López, quen formula os seguintes rogos e preguntas:

1a.- En primeiro lugar quero comunicar ao goberno municipal que dende o noso grupo pediremos información por escrito sobre diversas cuestións relacionadas coa organización e desenvolvemento da festa do pan, ao obxecto de que se proporcione dita información por escrito.

2a.- Queremos saber por qué non houbo avituallamento para os participantes nesta edición da ruta dos muíños?

Sra. Pardo Rodríguez: teño que dicirlle que foi un erro pola miña parte, e que subsanarermos para vindeiras convocatorias e celebracións.

3a.- Tamén queremos preguntar por qué non se colocaron os carteis anunciadores da festa do pan en todos os sitios de costume?

Sra. Pardo Rodríguez: simplemente houbo algún problema loxístico en algún dos puntos, pero que tamén se arranxará para vindeiras ocasións.

4a.- Por último, quero comentar que nunha reunión cos hostaleiros locais, por parte da Sra. Pardo na súa condición de concelleira de turismo, se puxo en dúbida a nosa xestión durante os anos que estivemos no goberno municipal; pediría que estas críticas se nos fagan directamente e nos foros adecuados, e ademais quero tamén amosar a miña
sorpresa ás mesmas, cando a Sra. Pardo ni tan sequera formaba parte da Corporación Municipal nestes oito anos anteriores de goberno municipal.

Sra. Pardo Rodríguez: non son conscente desas críticas, pero calquera que teña que formular a farei directamente, xa que ese é o meu estilo.

Seguidamente toma a palabra a portavoz do grupo municipal de MOVENEDA, Sra. Iglesias Basanta, quen formula os seguintes rogos e preguntas:

1a.- No Pleno do 16/07/2015 presentamos unha moción para a substitución e arranxo das marquesiñas.

En Comisión Informativa preguntamos pola do IES Fernando Esquío e se nos deu contestación dos avances con respecto a ela. Pero quixeramos saber que se vai facer có resto? Polo menos; coa máxima brevidade posible arranxar a que está no circuíto dos transportes escolares.

Sr. Alcalde: prorrogamos dous meses o contrato que tiñamos cos operarios, entre outras cousas, para que deran arranxado este tema das marquesiñas.

2a.- No anterior Pleno preguntabamos se se ían gravar os plenos. Temos interese nelo xa que os poderían colgar na páxina do Concello e así tódolos veciños, con acceso a internet e que non poidan acudir ós plenos, poidan sentirse participes véndoos Ían estudalo, quixeramos saber en que punto están ??

Sr. Alcalde: está en fase de estudo, agora que xa temos un servizo informático con máis horas de presenza, e que está a traballar neste e noutros temas.

3a.- Por unha demanda veciñal, na zona dos Subarreiros, os mariscadores se queixaron de que non podían empregar a ponte grúa que hai, din que esta estropeada. Solicitamos que a revisen e se arranxe.

Sr. Alcalde: nos poñemos mans a obra para arranxala.

4a.- En Neda a poboación maioritaria é dunha idade avanzada, Quixeramos saber se se valora o estudo para a creación en Neda dun Centro de dia.

Sr. Alcalde: xa estamos traballando para buscar posibles ubicacións para o centro de día.

Sr. Cabezón Lorenzo: mentres se traballa na busca dunha ubicación tamén se pode conveniar cos centros de día de Narón, que temos ofrecementos en tal sentido.

2016-01-21_Pleno Ordinario
Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.