O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza contra Galicia Textil que declarara inxustificada a rebaixa de categoría profesional imposta a un traballador da planta de Xuvia, en Neda. A decisión empresarial constituíu unha modificación substancial das condicións de traballo sen xustificación legal.
O traballador, con antigüidade dende 1997, era xefe de sección e compras. A empresa rebaixouno a unha categoría inferior como especialista en teceduría, cun cambio significativo nas súas funcións profesionais. Esta decisión foi impugnada polo propio empregado, co apoio do sindicato.
O alto tribunal galego desestimou o recurso da empresa e confirmou a condea. Como consecuencia, o traballador deberá ser restituído no seu posto e nas súas condicións laborais anteriores. Ademais, a empresa foi condeada a asumir as costas do proceso xudicial.
O fallo xudicial é unha vitoria na defensa dos dereitos laborais dos traballadores fronte ás decisións empresariais arbitrarias. Tamén sinala a importancia da organización sindical e da loita colectiva para garantir o respecto ós dereitos conquistados pola clase traballadora.
Desde MOVENEDA reiteramos o noso compromiso coa defensa dos dereitos laborais e contra a precariedade. A organización e a mobilización son ferramentas fundamentais para facer fronte ás inxustizas.
loita obreita, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |