Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A Xunta pode castigar ó goberno de Neda quitándolle ata un 30 % do Fondo de Cooperación Local

Visitas: 302

A Lei de Medidas Fiscais e Administrativas é a vía pola que a Xunta regulará as novidades nas normas de prevención de incendios. Tenta garantir que concellos como o de Neda cumpran coa sua parte de responsabilidade na limpeza nas franxas secundarias próximas a vivendas. A Xunta prevé a posibilidade de reter ate o 30 % do Fondo de Cooperación Local a aqueles concellos que non limpen as franxas.

A medida quere garantir a limpeza nas franxas secundarias próximas a vivendas e quedará recollida na norma que acompaña aos orzamentos de 2026. A disposición recolle que as cantidades retidas serán entregadas cando se emende o incumprimento

A medida ven imposta tras da gran vaga de lumes deste verán, na norma de acompañamento ós Orzamentos de 2026. Esta modificación promove que os concellos se adhiran ó convenio para a limpeza das franxas secundarias, baixo a ameaza de ser penalizados nos recursos que reciben da Administración autonómica.

En concreto, os municipios que non se adhiran a este convenio para a limpeza das franxas secundarias ou que se declare que incumpren as súas obrigacións reteráselles un 30 % do Fondo de Cooperación Local. A dotación deste fondo para 2026 supera os 187 millóns de euros.

A disposición recolle que as cantidades retidas serán obxecto de entrega cando se formalice a adhesión ou se emende o incumprimento do compromiso. 

As comunidades de montes deberán destinar ate o 10% dos ingresos á prevención e protección contra incendios

Ademáis, entre outras novidades, a nova norma prevé que as comunidades de montes deberán destinar á prevención e protección contra incendios ate o 10 % dos seus ingresos propio

Menos trámites para alimpeza de franxas e espazos protexidos 

Así mesmo, elimínase a obrigación de contar cun permiso de Parimonio Cultural para os traballos de xestión do monte que se fagan manualmente ou con rozadoira. En tarefas máis complexas, o informe sectorial substitúese por unha declaración responsable. A modificación normativa da Xunta non se limita aos traballos no monte, senón que para as actuacións en bens con protección estrutural e ambiental non será preciso o permiso previo da Xunta, senón que as poderán autorizar os concellos cando concedan a licenza.

Esta premisa tamén se aplicará para concellos de máis de 50.000 habitantes (as grandes cidades) polos que discorre o Camiño de Santiago, e nas que non afecten o trazado da ruta, os bens estruturais ou as parcelas lindeiras.


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, galicia, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.