Augas de Galicia iniciou estes días unha nova fase de traballos de conservación e mantemento nos ríos Belelle e Basteiro cun investimento cifrado en 170.000 euros. O fin das obras está previsto para febreiro. Os traballos céntranse do entorno da ponte de Pename.
A Xunta sinala que o plan non só busca evitar novas inundacións, senón tamén “recuperar a continuidade dos ríos” e “embellecer e revitalizar” os espazos naturais da contorna. Prevén eliminar obstrucións no cauce (árbores caídas, biomasa, sedimentos e elementos artificiais que restan fluxo) e que así os ríos recuperen a capacidade natural de evacuación.
Dende MOVENEDA pensamos que, polo interese e a seguridade dos veciños, é moito más loxico e intelixente que dúas administracións traballen coordinadamente, sumando medios materiais e esforzos.
Lamentablemente, Xunta e Concello opinan outra cousa e prefiren sacar fotos na prensa, pesando máis os intereses electoralistas de PP (Eladio Romero) e PSOE (Ángel Alvariño) que o ben dos veciños.
ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |