Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A Xunta activa o plan de emerxencia ante o risco de desbordes por choivas intensas

Visitas: 258

A Xunta de Galicia mantén activo o plan especial INUNGAL ante a previsión de fortes choivas nos vindeiros días.

O servizo de emerxencias monitorea de preto determinados ríos na nosa bisbarra, como o río Cádavo en Fene, ao existir risco de desbordamentos puntuais. Aconséllase á poboación adoptar medidas de autoprotección. 

As alertas actuais responden a predicións de precipitacións intensas destes días e que continuarán nas vindeiras xornadas. O plan está enfocado especialmente ás zonas onde o caudal dos ríos presentan risco de desbordamento. As autoridades recomendan prudencia, evitar actividades nas beiras dos ríos e estar atentos ás alertas oficiais. 

Que é INUNGAL: novo plan de protección civil fronte a inundacións

INUNGAL é o plan autonómico da Xunta para xestionar os riscos de inundacións en Galicia, revisado recentemente pola segunda vez desde a súa creación en 2001. Ver enlace eiquí: INUNGAL
Entre as súas principais funcións:

  • Realiza un estudo de riscos de inundación —costeiros, fluviais e pluviais— integrando datos de demarcacións hidrográficas. 
  • Establece unha estrutura organizada de actuación: servizos de emerxencias, evacuación, asistencia sanitaria, aloxamentos temporais, restauración de infraestruturas e vías, en caso de incidentes.
  • Determina que municipios deben ter un plan municipal de resposta (obligatorio ou recomendado). Tras a actualización, pasaron de 62 a 51 os municipios con obriga, e aumentaron os recomendados de 29 a 45.
  • Establece protocolos de coordinación entre os servizos da Xunta, os concellos, os organismos de cuenca e o servizo 112 Galicia para alertas e actuacións ante episodios con risco hidrolóxico. 

Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, ferrolterra, xunta de galicia, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.