Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Xoves 4 de xuño, en defensa da Sanidade Pública

Visitas: 42

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou para o vindeiro 4 de xuño concentracións diante dos hospitais públicos e, nalgúns lugares, tamén nos centros de saúde de toda Galicia para denunciar o incremento das listas de agarda e o progresivo deterioro da sanidade pública galega

A mobilización pretende visibilizar unha situación que, segundo a plataforma, afecta tanto á atención hospitalaria como á Atención Primaria e ás probas diagnósticas.

O PARTIDO POPULAR ESTA A DESMANTELAR A SANIDADE

Segundo os datos expostos por SOS Sanidade Pública, as listas de espera cirúrxicas aumentaron arredor dun 30 % respecto da situación previa á pandemia, mentres que os tempos de espera para consultas especializadas e probas diagnósticas tamén rexistraron incrementos significativos. A entidade considera que estes datos evidencian un empeoramento do sistema sanitario e cuestiona que as estatísticas oficiais reflictan a totalidade das persoas que están á espera de atención.

A plataforma denuncia ademais importantes desigualdades entre áreas sanitarias e alerta da falta de recursos e profesionais suficientes para dar resposta á demanda asistencial.

Entre as reivindicacións figuran o reforzo do persoal sanitario, a mellora da Atención Primaria, a redución efectiva das listas de espera e unha maior transparencia na información pública sobre a situación do sistema sanitario.

CONCENTRACIONS EN TODA GALICIA

As concentracións desenvolveranse simultaneamente en diferentes puntos do país e buscan trasladar ás administracións a preocupación cidadá pola evolución da sanidade pública e a necesidade de adoptar medidas urxentes que garantan unha atención accesible, de calidade e en condicións de igualdade para toda a poboación galega.

MOVENEDA fai un chamamento á participación nestas mobilizacións, reafirmando o seu compromiso coa defensa dun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade para toda a cidadanía.


Etiquetas:

galicia, loita obreita, ferrolterra, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.