Pois si, grande día para a enxeñaría galega: despois de máis dun ano dunha obras que ían durar só "cinco meses", choivas apocalípticas que arruinaron previsións, incidentes varios e excusas cada vez máis ocorrentes, por fin a rotonda de Xuvia xa é unha realidade. Sen rematar, sen acondicionar e, o máis importante... sen inaugurar, pero xa "regulando" o tráfico.
Se a Xunta e o Partido Popular buscaban proxectar imaxe de "eficacia e boa xestión" coa rotonda, non o conseguiron. O que si conseguiron foi gañarlle en eficacia ó actual Goberno de Neda, cousa que non ten mérito ningún.
Mentres a rotonda que ninguén pediu xa estaba en obras meses despois de anunciarse, o paso de peóns do Poulo —reclamado polos veciños dende 2021 pola seguridade dos cativos— segue sen pintar case cinco anos despois.
Entre informes que faltan, empresas de vacacións permanentes e ata a guerra de Ucraína como escusa, o goberno de Alvariño demostrou que sabe atopar culpables para todo menos para a súa incompetencia. Pintar unhas raias brancas no chan, o gran reto de enxeñaría do seu mandato.
moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, goberno de Neda, eleccions municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |