Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Volven repetir os erros do ano pasado

Visitas: 40

A espera de que o alcalde convoque a Xunta de Portavoces que lle solicitamos ontes e nos informe detalladamente, dende MOVENEDA pensamos que o Goberno do Concello de Neda volve equivocarse no seu enfoque á hora de informar os veciños e veciñas e no seu xeito de actuar en situacións de gravidade.

Non é lóxico nin adecuado limitarse ao WhatsApp e ás redes sociais para avisar a unha poboación da que todos coñecemos as altas taxas de idade. 

O Concello, a través dos Servizos Sociais, ten que dispoñer dunha lista detallada de todas aquelas persoas dependentes ou con mobilidade reducida que non poden desprazarse para ir buscar auga. En vez de esperar a que esas persoas chamen, o que debería facer este goberno é poñer a Protección Civil, á Policía Local e calquera outro recurso do que dispoña, contactando por telefono ou porta a porta con estes veciños, preocupandose pola súa situación e levándolles a auga directamente ás súas casas, sen ter que esperar a que a soliciten.

Xa pasou o ano pasado e volve acontecer este ano, e volven caer nos mesmos erros.
Todo isto dá medida da absoluta falta de previsión e de planificación deste Goberno municipal. Non pode ser.


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, goberno de Neda, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.