Estes días recibimos queixas de falla de presión de veciños da Mourela Alta, en zonas de Os Pazos e tamén no Puntal. nalgún caso reportan que están están mesmo sen auga.
O
Primeiras queixas de falla de presión de veciños da Mourela Alta, en zonas de Os Pazos e tamén no Puntal.
Quen chamou a VEOLIA (antes VIAQUA) lle dixeron é "unha avería nos depósitos". Outras contestacións recibidas foron "averia nunha bomba".
Dende goberno e VEOLIA a explicación dada foi a de "unha avaría eléctrica que deixou varias zonas do municipio sen subministración".
Veciños reportan falla de auga en: O Cal, Pename, Mourela Baixa, Mourela Alta e Casadelos.

Cortes de auga en distintas zonas de Neda por mor da seca
As medidas postas en marcha para facer fronte á seca e garantir o subministro aos fogares, lamentablemente, non abondaron. E así, ante a imposibilidade de encher coa auga procedente de Narón e con cisternas o depósito dende o que se abastece ás zonas altas do municipio, o Concello de Neda informa da interrupción no abastecemento nos lugares como O Puntal de Arriba, A Silva, Fábrica do Monte, A Mourela, Escorial, Cruz do Pouso, Maciñeira, O Roxal, Casadelos (zona alta).
A administración local traballa a estas horas na busca alternativas para facer fronte ao problema. Tramitouse xa ante Sanidade o permiso para poder botar man dun camión cisterna para distribuír auga potable a aqueles veciños e veciñas que carezan de pozo. Unha medida acordada coa empresa concesionaria do servizo, que terá que esperar polo certificado da Xunta de Galicia.
En paralelo, estase a facer acopio de auga envasada para poder poñer en marcha, se os problemas persisten, un sistema de reparto para persoas que non poidan desprazarse.
https://neda.gal/cortes-de-auga-en-distintas-zonas-de-neda-por-mor-da-seca/
Veciños reportan falla de auga en: O Cal, Pename, O Puntal de Arriba, A Silva, Fábrica do Monte, A Mourela, Escorial, Cruz do Pouso, Maciñeira, O Roxal e Casadelos (zona alta)
ACTUALIZACION 2026-08-12 - COMUNICADO DO CONCELLO, 14:30 horasOs veciños reportan cortes de suministro en A Silva, Fábrica do Monte, Mourela, Escorial, Cruz do Pouso, Maciñeira, Roxal, zona alta de Casadelos e Puntal de Arriba.
O Concello emite unha nota informativa:
Por mor da situación de seca que estamos a vivir, o río Belelle deixou de aportar auga a ETAP de #Neda. E o subministro alternativo dende Narón é intermitente, debido ao elevado consumo rexistrado na liña, resultando dende onte insuficiente para encher o depósito que abastece ás zonas altas do Concello."
https://neda.gal/persisten-os-cortes-no-subministro-de-auga-en-distintas-zonas-de-neda/
A empresa VEOLIA xa ten autorización de Sanidade para mobilizar un camión cisterna de 25 m3. Se situará o xoves ao longo da mañá no Centro de Saúde para que a veciñanza afectada que non dispoña de pozo poida achegarse con garrafas a por auga.
O Concello de Neda prevé activar tamén este xoves un sistema de reparto de auga envasada entre aqueles abonados que non poidan desprazarse ata Albarón, unha vez que o camión cisterna estea operativo.
O concello informa por redes sociais que xa se da "subministro alternativo de auga potable" en tanto "non se poida restablecer o servizo". Hai unha cisterna en Albarón para o reparto de auga entre a veciñanza afectada
O aviso do goberno, na web do Concello: https://neda.gal/un-camion-cisterna-surte-auga-en-albaron-a-vecinanza-afectada-polo-corte-no-subministro/
O alcalde emite un bando con “medidas extraordinarias de aforro de auga”, agora si, "ante a situación de seca que se está a vivir" e "os problemas de subministro".
O bando completo, na web do Concello: https://neda.gal/prohibese-usar-auga-da-rede-municipal-para-o-enchido-de-piscinas-regos-de-xardins-e-outros-usos-non-esenciais/
A primeira hora da maña temos os primeiros reportes de volta do servizo de auga en alguna zonas do Concello, ainda que con pouca presion
Vimos de recibir por parte da alcaldía a confirmación de que este luns 17 se vai celebrar una Xunta de Portavoces tal e como MOVENEDA solicitou o mércores 12.
Agardamos que na mesma se nos traslade toda a información relativa os acontecimentos relacionados co corte de auga deste días.
ACTUALIZACION 2026-08-14 - RECUPERADO EN GRAN PARTE O SERVIZO, 20:00 horasConcello e diversos medios informan da recuperacion do suministro de auga, mediante entrada de auga procedente do encoro das Forcadas e conexións con redes de Narón e de Fene.
Veciños en diversas zonas ainda seguen sen suministro.
En Gandarela faltou a auga 40 minutos pero xa volveu
Técnicos de VEOLIA trabllando na baixada da Mourela
Veciños reportan que Casadelos e Mourela están sen auga.
Queixas de baixa presion na zona do Escorial.
Veciños nos comentan que técnicos de VEOLIA estan a traballar na Mourela.
Continúan os cortes intermitentes e baixa presion en diversas zonas.
ACTUALIZACION 2026-08-16 - ZONAS CONTINÚAN SEN SERVIZO, 11:00 horasInda que dende o Concello din que xa hay "restablecimento do servizo", temos avisos de veciños sinalando cortes de auga, se ben puntuais, e baixa presion en diversas zonas.
No sabado noite, recibimos avisos dende a rua Fausto Cansado, Mourela e Casadelos.
En Casadelos tiveron auga e cortouse o servizo ó redor das 21:00
comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |