Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Problemas coa auga en Neda | ACTUALIZADO 2026-08-12 14:30 horas

Visitas: 76

Estes días recibimos queixas de falla de presión de veciños da Mourela Alta, en zonas de Os Pazos e tamén no Puntal. nalgún caso reportan que están están mesmo sen auga.

2026-07-31

O

2026-08-10

Primeiras queixas de falla de presión de veciños da Mourela Alta, en zonas de Os Pazos e tamén no Puntal.
Quen chamou a VEOLIA (antes VIAQUA) lle dixeron é "unha avería nos depósitos". Outras contestacións recibidas foron "averia nunha bomba".

ACTUALIZACION 2026-08-11

Dende goberno e VEOLIA a explicación dada foi a de "unha avaría eléctrica que deixou varias zonas do municipio sen subministración".

ACTUALIZACION 2026-08-11 - NOTICIAS EN FERROLTV



ACTUALIZACION 2026-08-11 - 18:00 horas

Veciños reportan falla de auga en: O Cal, Pename, Mourela Baixa, Mourela Alta e Casadelos.

ACTUALIZACION 2026-08-11 - COMUNICADO DO CONCELLO, 19:15 horas

Cortes de auga en distintas zonas de Neda por mor da seca

As medidas postas en marcha para facer fronte á seca e garantir o subministro aos fogares, lamentablemente, non abondaron. E así, ante a imposibilidade de encher coa auga procedente de Narón e con cisternas o depósito dende o que se abastece ás zonas altas do municipio, o Concello de Neda informa da interrupción no abastecemento nos lugares como O Puntal de Arriba, A Silva, Fábrica do Monte, A Mourela, Escorial, Cruz do Pouso, Maciñeira, O Roxal, Casadelos (zona alta).

A administración local traballa a estas horas na busca alternativas para facer fronte ao problema. Tramitouse xa ante Sanidade o permiso para poder botar man dun camión cisterna para distribuír auga potable a aqueles veciños e veciñas que carezan de pozo. Unha medida acordada coa empresa concesionaria do servizo, que terá que esperar polo certificado da Xunta de Galicia.

En paralelo, estase a facer acopio de auga envasada para poder poñer en marcha, se os problemas persisten, un sistema de reparto para persoas que non poidan desprazarse.

https://neda.gal/cortes-de-auga-en-distintas-zonas-de-neda-por-mor-da-seca/

ACTUALIZACION 2026-08-12 - 14:00 horas

Veciños reportan falla de auga en: O Cal, Pename, O Puntal de Arriba, A Silva, Fábrica do Monte, A Mourela, Escorial, Cruz do Pouso, Maciñeira, O Roxal e Casadelos (zona alta)

ACTUALIZACION 2026-08-12 - COMUNICADO DO CONCELLO, 14:30 horas

Os veciños reportan cortes de suministro en A Silva, Fábrica do Monte, Mourela, Escorial, Cruz do Pouso, Maciñeira, Roxal, zona alta de Casadelos e Puntal de Arriba. 

O Concello emite unha nota informativa:

 
"Por mor da situación de seca que estamos a vivir, o río Belelle deixou de aportar auga a ETAP de #Neda. E o subministro alternativo dende Narón é intermitente, debido ao elevado consumo rexistrado na liña, resultando dende onte insuficiente para encher o depósito que abastece ás zonas altas do Concello."

https://neda.gal/persisten-os-cortes-no-subministro-de-auga-en-distintas-zonas-de-neda/

Etiquetas:

comunicados de prensa, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.