A que vai ser a nova concelleira de Moveneda, Neiva Tristão, asistiu ontes a visita do director da Axencia Galega de Infraestructuras as obra da rotonda de Xubia.
Para Moveneda esta e unha obra superflua e un gasto innecesario. Moitos veciños pensamos que eses cartos estarian millor investidos en regular a velocidade dos vehiculos pola avenida de Alxeciras, por poñer un exemplo.
Estas obras faraonicas e con moito bombo nos medios de comunicacion, é unha estratexia electoralista do PP para que o seu candidato, Eladio Romero, poida fachendar de que el, o seu partido e a Xunta "amiga" fan cousas por Neda. Malgastan cartos publicos para electoralismo partidista, como fixo Cabezon coa sua "rotonda" debaixo do scalextric da autopista. Un gasto inutil.
Mentres tanto, os veciños que viven 300 metros mais arriba, na Volta do Poulo, levan tres anos esperando por un paso de peons, un elemento de seguridade necesario. Van xa tres inicios de curso escolar sen paso de peons para os cativos.
Neste caso, alcalde, concello, Xunta e PP demostran xuntos as suas verdadeiras caras: deixadez e incompetencia.
En serio se pode tardar tres anos en pintar un paso de peons??
xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, eleccions municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |