Ás 10:30 deste luns 2 de febreiro está convocada a Comisión Informativa da Área de Servizos sociais. Nesta comisión, aparte de outros temas, imos mostrar a nosa preocupación pola paralización do Proxecto Aloumiños.
O programa Aloumiños foi un programa da Xunta de acompañamento social, emocional e comunitario dirixido a persoas maiores, co obxectivo de combater a soidade non desexada, mellorar o benestar psicolóxico e fortalecer as redes de apoio e convivencia nos concellos. O programa promove relacións sociais estables, hábitos saudables e unha mellor calidade de vida.
O programa desenvolveuse no Concello de Neda con resultados moi positivos, tal e como recolleron diversos medios de comunicación, o propio Concello e os usuarios e familias.
Na comisión de Decembro lle comentamos o asunto á Concelleira de Servizos Sociais Margarita Díaz Sanz, e reclamamos o máximo esforzo para lograr a continuidade do programa, recibindo como resposta que “o iban mirar” e que "é un tema da Xunta", sen asumir ningún compromiso concreto nin prazos definidos.
No Pleno a finais de decembro lembrámoslle o tema e se nos contestou que "o ia mirar". No pleno deste luns 26 de xaneiro volveu repeti-lo mesmo: "o están mirando".
Van xa máis de dous meses sen facer nada cando concellos da contorna, como San Sadurniño, xa puxeron medios propios para a continuación do proxecto.
Dende MOVENEDA pensamos que este goberno ten que deixarse de excusas poñerse mán á obra con isto.
Se algún veciño ten propostas, preguntas o algún asunto relativo a estas comisións de área e que desexe seña trasladado ós concelleiros responsables, pode facerllo chegar a directamente á concelleira Neiva Tristão facendo click eiquí ou polas canles de MOVENEDA en redes sociais ou nesta mesma páxina web.
feminismo e igualdade, goberno de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |