Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

MOVENEDA felicita ás familias do CEIP de Maciñeira pola súa vitoria e reclama máis transparencia ao goberno municipal

Visitas: 75

Dende MOVENEDA queremos trasladar a nosa máis sincera felicitación ás nais e pais do alumnado afectado pola situación do 2º curso de Primaria do CEIP de Maciñeira.

A Inspección Educativa trasladou á concesión dunha nova praza docente para facer posible o desdobre da aula no próximo curso. Isto é unha excelente noticia e, sobre todo, unha vitoria das familias que decidiron organizarse, mobilizarse e defender con determinación os dereitos dos seus fillos e fillas.

Se a solución acaba confirmándose oficialmente, será grazas á presión exercida polas familias, ao apoio recibido por parte da comunidade educativa e á repercusión pública que acadou esta reivindicación plenamente xusta. Unha vez máis demóstrase que cando a cidadanía se organiza e fai oír a súa voz, as administracións vense obrigadas a rectificar.

HAI QUE PERMANECER VIXIANTES

Con todo, consideramos prematuro dar o asunto por pechado. Mentres non exista comunicación oficial por escrito que confirme definitivamente a concesión da praza, compartimos a postura da AMPA de manterse vixiantes ata que a decisión sexa firme e efectiva.

A experiencia acumulada coa Xunta de Galicia obríga a actuar sempre con prudencia: Ata que os compromisos non estean formalizados e garantidos, non cabe baixar a garda.

O CONCELLO, OPACIDADE E AUTORITARISMO

Por outra banda, queremos denunciar a actitude do goberno de Neda durante todo este proceso.

En primeiro lugar, o alcalde ignorou completamente a solicitude de MOVENEDA para convocar con carácter urxente a Xunta de Portavoces. Ese órgano é un dos indicados para consensuar unha resposta institucional unitaria en defensa da comunidade educativa. Nin se convocou a reunión nin sequera se obtivo resposta á petición realizada.

En segundo lugar, o alcalde tampouco informou aos grupos da oposición das xestións que afirma ter realizado ante a Consellería de Educación. Non trasladou información sobre os contactos mantidos nin se facilitou copia do escrito que di ter remitido á administración autonómica.

Esta forma de actuar evidencia un xeito de entender a institución da alcaldia baseada na opacidade e na falta de participación.

10 ANOS SEN CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

Por outra banda, resultanos sorprendente que no comunicado difundido polo Concello, este fale do “Consello Escolar”. Desde MOVENEDA aproveitamos para recordar que o Consello Escolar Municipal leva aproximadamente unha década sen constituírse nin convocarse, privando á comunidade educativa local dunha ferramenta fundamental de participación.

PARABÉNS A AMPA

Hoxe é momento de felicitar ás familias pola súa loita e polo resultado acadado, pero tamén para reivindicar institucións máis transparentes, máis participativas.

MOVENEDA seguirá a defender unha educación pública de calidade para Neda e continuará esixindo tanto á Xunta de Galicia como ao goberno municipal a máxima transparencia e responsabilidade nos asuntos que afectan ao futuro dos nosos nenos e nenas


Etiquetas:

moveneda, loita obreita, cultura, xunta de galicia, comunicados de prensa, goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.