A empresa Viaqua, concesionaria do servizo de auga en Neda, volverá a cortar o suministro mañá xoves, 23 de outubro dende as 8:00 e as 15:00 horas. Desta volta, o corte é por necesidades de traballos na rede.
As zonas afectaradas serán Ponte Grande, Mourela Baixa, Mourela do Medio, Mourela Alta, Mosteirón, O Roxal, Canido O Roxal, Pename, Forxá, Camiño Vello, O Poulo, Bacela, Bernés, San Antonio, Vilar, Fausto Cansado, Albarón, Escorial de Abaixo, Escorial de Arriba, Maciñeira e Gandarela.
Este novo aviso do corte volve repetir os mesmos erros da outra vez. O goberno de Alvariño avisa por medios non accesibles a gran parte da poboacion: non todo o mundo usa redes sociais. Este tipo de avisos deben darse preferentemente polos xornais e a radio.
Dende MOVENEDA esiximos que o concello dea o mesmo nivel de publicidade e a mesma antelacion para os avisos de corte de auga que os que da para anunciar chocolatadas e magostos.
comunicados de prensa, servizos municipais, asamblea aberta / asamblea permanente
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |