VIAQUA cortou o servizo de auga en varias zonas Neda hoxe de 9:00 a 12:00 horas sen avisar adecuadamente ós veciños e negocios afectados.
Viaqua ten a obriga de avisar dos cortes con antelación suficiente e o goberno municipal ten unha obriga dobre: debe vixiar que Viaqua informa adecuadamente e debe procurar que os avisos cheguen ós afectados. Este goberno xa demostrou capacidade para informar con antelación e publicidade máis que suficiente de centos de eventos.
É por isto que reclamamos que o Concello de Neda e Viaqua, como corresponsables do servizo, se doten de medios eficaces para coordinarse e informar adecuadamente os veciños.
Chamamos ós veciños a comprobar nas oficinas de Viaqua que teñen os seus datos de contacto ó día, e que así, nin Viaqua nin o goberno municipal poidan dicir que non son capaces de informar porque "hai xente sen empadronar" ou calquera outra excusa peregrina.
comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |