Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Terceiro pleno en menos de mes e medio. Agora: nova pasarela do Belelle

Visitas: 460

Ontes celebrouse na Casa do Concello o que foi o terceiro pleno en menos de mes e medio, cousa bastante pouco habitual. 

O 29 de setembro houbo Pleno ordinario (Ver eiqui). Seguiu outro extraordinario o 27 de outubro, para aprobación de modificacions do POS+ e un preaviso de prorroga de contrato (Ver explicacións eiqui e video eiquí).

O que no agardábamos era, tan so 15 dias despois, outro extraordinario

As explicacións do alcalde para xustificar a urxencia do pleno e "por requisitos da Deputación", que pediu a aprobacion en Pleno para poder meter o proxecto coa modificacion no pleno da Deputacion deste mes, xa que logo, non hai outro ata ben entrado o vindeiro ano.

Para MOVENEDA as explicacións da urxencia son suficientes e parecen xustificadas e votamos a favor, como o resto de grupos. Unha vez ratificada a urxencia do Pleno pasouse ó debate.

Debate

Moveneda puido facerse co proxecto, solicitandollo ó arquitecto media hora antes do Pleno. A nosa concelleira pasou o venres polo Concello pero non puido ser recibida polo Arquitecto. Só puido ter a documentación con moi escasa antelación á celebración do pleno.

E isto foi o que lle botamos en cara ó alcalde: o goberno socialista non actúa de xeito democrático, oculta o que fai ós grupos da oposición. Non é de recibo convocar un pleno e pretender que a oposición diga docilmente SI a algo do que non ten información ou ten informacion minutos antes. O alcalde respondeu dicindo que toda "a informacion esta sempre a disposicion dos grupos".

Se non sabemos en que traballa o goberno, qué documentacion imos pedir?

O que dixo Alvariño non é certo. Este goberno ten por mala costumbre, e dende hai xa dez anos, de non informar ós representantes dos veciños, dos proxectos nos que está a traballar. Con isto impide que oposición e veciños comúns poidamos aportar peticións, suxerencias, opinións e mesmo coñecer exactamente que é o que fai o goberno do concello. Logo aparece nos plenos con todo xa cociñado e nos pide de digamos SI.

Para MOVENEDA este non é o xeito democratico de gobernar un concello. Por eso, e por no poder analizar e debater internamente o proxecto en detalle, votamos NON.

Votación

O proxecto foi aprobado cos votos favorables do grupo do PSdeG, a abstención de PP e BNG e o voto en contra de MOVENEDA.

O proxecto

A nova pasarela será de construcción mixta, coa estructura en aceiro e o paso en madeira. O presuposto é de máís de 200.000 euros, para os cales se pide subvención á Deputación.

Video do pleno

Ás 22:00 horas de 10/11, o vídeo do pleno ainda non foi publicado.


Etiquetas:

comunicados de prensa, plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.