Como todos sabedes Moveneda presentou, no pleno celebrado o dia 21 de Xaneiro de 2016, unha mocion sobre a vespa velutina na que se pedia que se diran unhas charlas informativas tanto nos colexios coma no instituto e, sorprendidos ante a pouca disposicion amosada polo grupo de goberno municipal para levalas a cabo, MOVENEDA decidiu poñerse en contacto cos tres centros de ensinanza do Concello para dar nos mesmos estas charlas os rapaces e conciencialos da amenaza que supon o avance desta praga e as suas consecuencias.
Deste xeito o pasado 27 de abril tivo lugar a primeira destas charlas-taller no colexio San Isidro para a rapazada de 5º e 6º de primaria. Compartironse coñecementos para que os nenos saiban identificar estes insectos e para que apliquen medidas de seguridade basicas se atopan un niño ou un especimen.
Xa na parte do taller, os rapaces sorprenderon a mais de un coa sua habilidade para a construcion de varios modelos de trampas, coa intencion de capturar e eliminar vespas velutinas. O dia 20 de Xuño tivo lugar a segunda charla-taller no Instituto Fernando Esquio, na que estivemos cos rapaces de 1o e 2o de ESO.
Dende Moveneda queremos dar as grazas os responsables destes dous centros educativos pola boa acollida da nosa proposta que pensamos que e unha experiencia enriquecedora para todas as partes, profesorado, rapaces e os compañeiros que impartiron o taller. No que respecta o colexio Maciñeira, esperamos levar a cabo a charla-taller o vindeiro ano xa que este ano tiñan o calendario ocupado.
moveneda, ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, concello de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |