A plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha concentración o vindeiro luns 13 de abril ás 19:00 horas diante do centro de saúde Fontenla Maristany, en Ferrol, con motivo do Día Internacional da Atención Primaria.
O colectivo denuncia o deterioro da sanidade pública galega, sinalando a falta de persoal, a saturación dos centros de saúde e o aumento das listas de espera, que en moitos casos superan os dez días. Tamén alertan de que milleiros de menores carecen de pediatra e da precariedade laboral do persoal sanitario.
Desde a plataforma critican as políticas da Xunta, que consideran responsables dun procesoataques salvaxes coa fin de acadar o debilitamento do sistema público e rematar privatizando todo, especialmente na Atención Primaria.
A mobilización busca esixir máis recursos, mellorar a accesibilidade e reforzar este nivel asistencial, considerado clave para o sistema sanitario. Así mesmo, fan un chamamento á cidadanía e aos profesionais a participar para frear o deterioro da sanidade pública.
Dende MOVENEDA, sumámonos a movilización e chamamos ós veciños de Neda a acodir a mesma.
galicia, loita obreita, ferrolterra, xunta de galicia, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |