Desde MOVENEDA queremos expresar a nosa solidariedade co escritor Suso de Toro, contra quen a Audiencia Provincial de Madrid acorda reabrir unhas dilixencias por un suposto delito de odio.
A causa fora arquivada provisionalmente en maio de 2025, pero o tribunal estima o recurso presentado polo lobby sionista ACOM e considera "prematuro" aquel sobresemento, reclamando que se lle tome declaración ao autor para coñecer a intención das súas palabras.
O motivo son tres mensaxes publicadas nas redes sociais entre en 2024 nas que o escritor cualificaba moi adecuadamente ao ente coñecido como "Estado de Israel" como "xenocida" e comparaba a súa actuación en Gaza co nazismo alemán.
Cómpre dicilo con claridade: mentres milleiros de persoas son asasinadas en Gaza á vista do mundo enteiro, con total impunidade, os tribunais do Estado español adican recursos públicos a perseguir a quen o denuncia.
Non se procesa aos responsábeis do xenocidio, nin a quen o encobre, financia, ou xustifica desde os medios, desde as institucións ou dende lobbies con prácticas cuasi-mafiosas como ACOM. Non, a "xustiza española" adica os seus recursos a perseguir a un escritor de 70 anos por da-la súa opinión nunha rede social. Esta é a medida exacta da nosa "xustiza", e non é a primeira vez que a vemos actuar así contra quen non opina dentro dos estreitos marxes que permite un sistema que camiña a paso firme de volta a tempos escuros.
Lembramos, ademais, que hai apenas unhas semanas a propia xustiza arquivou unha causa semellante contra un activista propalestino de Ferrol, deixando claro o que xa sabiamos: o antisionismo non é antisemitismo. Criticar a un Estado polos seus crimes non é odiar, e contar a realidade.
palestina, cultura, comunicados de prensa, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |