Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Tan só tres establecementos de Neda se suman á campaña Merca na vila

Visitas: 213

Fracaso absoluto. Así calificamos dende Moveneda á campaña Merca na vila, unha iniciativa da Deputación da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Comercio. En teoría, forma parte dunha "estratexia da Deputación para apoiar ao pequeno comercio e fortalecer este sector nos concellos de menor poboación".

Fracaso en Neda

O máis destacado é a baixísima repercusión nos comercios de Neda, con tan só tres establecimentos adheridos. Isto da boa medida de dúas cousas:

  • O escaso interés que despertou a iniciativa entre os comerciantes locais
  • O escaso traballo feito polo goberno do concello para promocionar unha campaña da "Deputación amiga"
  • Estamos ante unha campaña pouco axeitada ás características de Neda

Unha campaña pouco axeitada para Neda

A campaña está pensada para entornos máis urbanos, máis densos, con barrios comerciais e rangos de poboación máis novos. Outra clave é que a campaña realmente promove dar ainda máis beneficios á banca, posto que só contempla o pago electrónico.

Esta é unha campaña complexa, onde os veciños deben darse de alta nun sistema dixital, cousa que non é doada para tpodo o mundo.

Por outra banda, o comercio de barrio perde o control sobre os pagos e recibe menos cartos polas súas vendas. No que tradicionalmente no negocio de barrio era unha transacción bilateral cliente-tenda, agora pasa a ter a presencia interposta de entidades como bancos e Deputación.

Falando da Deputación, esta última, non ten moi boa sona entre os pequenos comercios, polos líos e esixencias de devolucóns que está a esixir a algúns negocios e autónomos que pediron axudas polo COVID.

Por qué fracasa unha campaña así?

É evidente que pesa moito o estado dos negocios en Neda, moi afectados pola baixada de poboación, o escaso apoio institucional, as subas xeralizadas de prezos e a merma xeralizada de poder adquisitivo da poboación nos últimos tempos.

Esta campaña non dinamiza a actividade comercial nun concello como Neda, onde temos unha alta taxa de poboación de idade avanzada que non usa medios electrónicos de pago. Non é certo que promovan as compras de proximidade nin incentiva o consumo.

Esta é unha campaña para ir guiando, pouco a pouco á xente cara ós pagos electrónicos e desbotar o pago en metálico.


Etiquetas:

comunicados de prensa, goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.