O Faro de Vigo publica hoxe unha entrevista con Alfonso Rueda na que anuncia que "haberá man dura" con aqueles que non cumplan coa limpeza de montes
A parte da entrevista referida ós lumes e limpeza de monte é esta:
Faro de Vigo | Un dos peores momentos desde que tomou posesión foron os lumes deste verán. As medidas que se tomaron van permitir evitar un novo verán catastrófico?
Alfonso Rueda | Logo dos incendios de 2022, levabamos dous anos moi bos e este foi, evidentemente, malo. Isto non quere dicir que fixeramos todo ben nos dous anos anteriores e este ano fixeramos todo mal. Isto depende de moitas cousas, as condicións climatolóxicas, sobre todo... Foron uns días moi duros e eu o que intentei primeiro foi estar alí dentro desde o principio, ao pé do cañón, e despois cumprir o compromiso de que as axuda chegarían canto antes.
A maioría xa están pagadas e as do Goberno non están nin sequera convocadas. Nós remataremos o ano con todas pagadas. E despois queda a segunda parte que é tentar mellorar.
FV | Cales?
AR | Para min, a fundamental é incidir na limpeza, pero non pode ser só unha responsabilidade das administracións, nin só da Xunta. Ten que ser tamén dos propietarios e, polo tanto, imos incidir moito niso.
Fixemos cambios legais, xunto cos concellos, para que cumpran a súa obriga de limpar.
FV | Man dura coas multas?
AR | Haberá man dura, pero oxalá non sexa necesario aplicar sancións.
Tamén haberá axudas aos concellos e certa flexibilización, por exemplo, no periodo de queimas e no periodo de limpeza e desbroce.
ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |