Dos asuntos que sairon a debate no Pleno Ordinario do pasado luns 26 estivo o das obras da rotonda de Xubia. O goberno municipal nos comunicou que, tras consultar coa empresa adxudicataria da obra, esta lles di que "esa é un ha zona moi inundable,e que non daban traballado, por eso está todo parado hasta que se solucione ese tema".
Se facedes un esforzo, o millor podedes escoitar e entender as explicacións do alcalde no minuto 43:25 do video do Pleno.
Este é un exemplo de como os intereses partidistas, neste caso do PP para favorecer o seu candidato local, resultan nunha obra mal planificada e chapuceiramente executada. Se pensaban facer nunha operación de marketing político, para fachendar das súas capacidades de xestión, a verdade é non lles está a sair moi ben.
Os veciños e veciñas, junto a todos os que circulamos por Xuvia, imos ter que seguir aturando unhas molestias innecesarias durante algúns meses máis dos que prometeu o PP e a Xunta: lembrade que dician que o prazo de execución ían ser 5 meses.
xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |