Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Reunion da Comision Informativa da Area de Economia e Facenda 2015-10-30

Visitas: 323

Podedes descargar a Acta/Informe que levantou MOVENEDA da reunion no noso repositorio de documentos, na seccion Comisions de Area ou directamente no seguinte enlace: 2015-10-30 Informacion Comision Economia e Facenda

Hoxe 30 de Uutubro tivo lugar a primeira reunion da Comision Informativa de Area de Economia e Facenda. Nesta comision asistiron Ana Rosa Pena polo grupo do PSOE, Juan Carlos Pita por MOVENEDA, Helena Pardo (Grupo Mixto) e Montserrat Rico (PP). Asimesmo asistiron Ana (Interventora Municipal e Manuel Sanesteban que fixo as labouras de secretario da mesma.

Coma primeiro ponto da reunion fixouse a periodicidade desta comision pra o ultimo xoves de cada mes, as 12:00.

No segundo ponto da orde do dia, a Interventora Municipal presenta un informe  no que se sinala que estase a cumprir co prazo establecido por lei de menos de 30 dias para pagos a proveedores estando en 20,49 dias no 1º trimestre, 19,22 dias no 2º e 18,39 no 3º trimestre deste ano.

Ana Rosa Pena, propon a baixada para o ano 2016 do tipo aplicado ao IBI Urbano, pasando de 0,60 actual a 0,58. Quedaria a estudo a posibilidade dunha nova rebaixa dos tipos aplicados para os seguintes exercicios. Neste ponto, o concelleiro de MOVENEDA, Juan Carlos Pita manifesta o noso acordo coa medida ainda que nos semella escasa, se tomamos coma referencia a que a revision dos valores catastrais ata chegar ao 50% do valor de mercado, esta levando a ter uns valores catastrais demasiado altos pola situacion do mercado inmobiliario e que nalgun caso se aproxima o valor de mercado da vivenda e solicito unha rebaixa do mesmo. A concelleira do PSOE contesta que non e legalmente posible.

MOVENEDA preguntou tamen pola recadacion de IBI estimada para este ano, contestando o Secretario da Comision, Sanesteban, que ascendera a uns 780.000€ aproximadamente. Tamen preguntou MOVENEDA a que afecta o tipo de IBI Especial e se nos contestou, M. Sanesteban e a interventora, que so entra a Autopista que teria un valor duns 30.000€, pero que ten establecido unha bonificacion do 90% e queda nuns 3000 € aproximadamente.

O PP sinala que ten constancia de que ainda quedan vivendas sen dar de alta e pide que se sigan a facer inspeccions para regulazilar a situacion destas vivendas. Contestanlle que xa se deron moitas de alta e que poucas deben quedar.

O Grupo Mixto non interviu en nada o respecto.

Informase da prevision dunha rebaixa de 35 a 25 anos a antigüedade para solicitar a declaracion de vehiculo historico coa exencion do rodaxe. Todos os grupos estiveron dacordo neste ponto.

Rogos e preguntas.

MOVENEDA informou a comision da presentacion por rexistro da solicitude da informacion economica e a solicitude da copia da acta do pleno de final da lexislatura de Cabezon onde se aprobou a conta xeral de 2014. Preguntamos tamen se hai previsto un plan de reduccion da debeda do concello ao que se me contesta que polo momento non.

Rematou a Comision as 13:30 h.

 

MOVENEDA

 

 

 

 


Etiquetas:

goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.