Logo da multitudinaria manifestación deste domingo en Ferrol convocada pola plataforma Foro Cidadán polo Ferrocarril, RENFE e o Ministerio de Transporte por fin moveron ficha.
Nunha rolda de contactos hoxe luns, Javier Pérez López, xerente de RENFE en Galicia recoñeceu “moi impresionado” pola magnitude da protesta e mostrouse receptivo ás demandas: acepta estudar a modificación dos horarios da liña Ferrol–A Coruña para adaptalos ós horarios laborais e estudantís, algo que, de cumplirse, vai mellorar notablemente a mobilidade na comarca.
RENFE advertiu de que a ampliación das frecuencias diarias depende do contrato de servizo público e que eses axustes deben ser aprobados polo Ministerio de Transportes. A empresa comprometeuse a trasladar as outras reivindicacións ao Ministerio.
O éxito e participación da protesta, xunto co feito de que o Foro Cidadán conseguise un encontro inmediato con responsables de RENFE en Galicia, fixeron posible que as demandas chegasen con forza ó Ministerio de Oscar Puentes.
Isto demostra, unha vez máis, que a unión e a organización do pobo é o máis eficaz para facer que administracións remolonas se movan.
Neda tamén necesita sumarse á loita por un tren de proximidade dignoNon convén esquecer que o reclamo non afecta só a Ferrol, tamén ó resto de municipios da comarca.
Por exemplo, se tivésemos un goberno responsable este esixiría activamente que se mellore a conectividade dende Neda con Ferrol e A Coruña mediante o servizo de cercanías e recuperando a parada na estación de Neda. Isto permitiría ás veciñas e veciños desprazarse con comodidade para traballar, estudar ou acceder aos servizos na área metropolitana, e contribuiría a unha vertebración real do transporte público na comarca.
A presión social non debe remitir, ó contrario, e municipios como Neda deben aproveitar o momento para esixir o tren de proximidade que necesitamos.
moveneda, ferrolterra, comunicados de prensa, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |