Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A favor da remunicipalización do Servizo de Axuda no Fogar (SAD) en Neda

Visitas: 470

Dende MOVENEDA queremos facer pública a proposta para que o goberno do Concello de Neda inicie un debate aberto sobre remunicipalizar o Servizo de Axuda no Fogar (SAD).

Consideramos que o exemplo do municipio de Rota (gobernado polo PSOE), debe servir como modelo a estudar e replicar en municipios como o noso.

En Rota, o pleno aprobou por unanimidade que a empresa municipal MODUS Rota asuma a xestión directa do servizo a partir do 15 de xaneiro de 2025. 

Por que defendemos esta proposta para Neda

Por aforro de custes e mellor uso dos recursos públicos. A xestión directa por parte do Concello elimina os márxes de lucro que se levan as empresas prvadas cando o servizo está concesionado. Deste xeito, unha considerable parte dos fondos públicos destinados á dependencia van a enriquecer a empresarios e deixan de ser usados para garantir a atención das persoas usuarias.

Ao suprimir os cartos sustraidos polos chamados "beneficios empresariais", o 100% diñeiro público pode ir directamente á prestación do servizo: máis horas de atención, millor coordinación, maior calidade e millores salarios para as traballadoras do servizo.

Mellora das condicións laborais da plantilla

Co cambio a xestión pública, garántese a estabilidade no emprego, evitando a rotación e a precariedade que son inherentes as empresas privadas. As traballadoras do SAD, maioritariamente mulleres, prestan un servizo esencial e merecen un emprego digno, con condicións laborais axeitadas, estabilidade, recoñecemento, respeito e protección.

Calidade e dignidade no servizo público

Un concello, un organismo público non pode ser cómplice de condicións laborais indignas nin pode fomentar a precariedade e os salarios de miseria. Un servizo público debe organizarse en función das necesidades das persoas dependentes, non do beneficio empresarial. Isto garante que a atención sexa continua, comprometida, personalizada e suxeita a criterios sociais, non de "eficiencia privada" a costa de recurtes, mal servicio e precaridade.

Unha aposta polo benestar e a solidariedade: nada de lucro co coidado das persoas

Desde MOVENEDA defendemos que os servizos básicos deben ter unha base pública, como a educación, a sanidade, a dependencia, o coidado das persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade. É por isto que o Servizo de Axuda no Fogar non pode converterse nun negocio. Iso vai en contra dos valores do benestar, da equidade e da protección social.

Por iso, apostamos por un modelo público, transparente e controlado polo Concello de Neda, onde o 100% dos recursos públicos se destinen ao benestar da veciñanza, non a beneficios de empresas privadas filibusteras.

Chamamento á acción

Facemos un chamamento ao Goberno municipal de Neda, aos grupos políticos locais, e á cidadanía para, entre todos, debater a proposta de remunicipalización do SAD

Desde MOVENEDA estamos dispostos a promover un debate participativo público sobre esta cuestión, implicar ás persoas beneficiarias do servizo, ás traballadoras, e á veciñanza en xeral, para construír un modelo de axuda no fogar digno, estable e público


O exemplo de Rota

La municipalización del servicio de Ayuda a Domicilio se hará efectiva el 15 de enero

Esta medida tiene como objetivo "mejorar la estabilidad laboral de los cerca de 150 trabajadores que lo conforman y ofrecer una atención de mayor calidad 

Esta misma semana, el alcalde de Rota, Javier Ruiz Arana, junto con el primer teniente de alcalde, Daniel Manrique, y la delegada de Servicios Sociales, Laura Almisas, mantuvieron una importante reunión con los trabajadores del servicio de Ayuda a Domicilio, en la que abordaron la propuesta que el gobierno municipal elevará a pleno extraordinario para que la empresa municipal MODUS Rota asuma la gestión directa de este servicio.

Esta medida tiene como objetivo "mejorar la estabilidad laboral de los cerca de 150 trabajadores que lo conforman, la mayoría mujeres, y ofrecer una atención de mayor calidad a las personas dependientes", como indican desde el Gobierno Local.

Durante la reunión, los empleados plantearon sus correspondientes cuestiones en un diálogo abierto que, desde el Consistorio consideran "clave" para "garantizar la transparencia y la participación de los trabajadores" en este cambio.

El próximo 15 de enero será cuando se haga efectiva la transición de la gestión indirecta a la gestión directa, un paso importante que permitirá un mayor control por parte del Ayuntamiento sobre la calidad del servicio, unas mejores condiciones laborales para los empleados, y una atención más eficiente a las personas usuarias del servicio de Ayuda a Domicilio.

Al integrarse en la empresa municipal MODUS Rota se pone fin a los cambios de empresa en cada licitación y se ofrecerá un entorno laboral más estable, con derechos equiparables al resto del personal municipal.

Desde el punto de vista del servicio, la gestión directa permitirá una planificación y coordinación más eficiente, optimizando los recursos y mejorando la atención a las personas usuarias. Además, al eliminar los márgenes de beneficio empresarial que actualmente condicionan el servicio, se destinarán todos los recursos disponibles a su mejora y a garantizar un trato más humano y cercano para las personas dependientes.

El proceso de transición se llevará a cabo con la subrogación del personal, lo que garantiza la continuidad del servicio y el respeto a los derechos laborales de los trabajadores. Además, se ha creado una bolsa de empleo que permitirá cubrir futuras vacantes y garantizará la estabilidad y el mantenimiento del servicio.


Etiquetas:

moveneda, feminismo e igualdade, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.