O contrato da recollida de enseres e voluminosos o leva a empresa Transportes Benigno Rodríguez. A concesión atópase caducada dende hai anos, pero se prorroga mes a mes.
O pasado martes 5 de novembro, cando chegaron a Recinor, a planta que xestiona residuos, atopáronse coa sorpresa de non poder descargar porque se lles esixe unha documentación que debe ser proporcionada polo Concello de Neda.
Ese mesmo día, se notificou ó concelleiro responsable do servicio, Ángel García Cordero, esta problemática.
A resposta, ao día seguinte, foi: “O vai preparar o alcalde, xa se vos avisará”.
Tiveron que pasar 17 días, e un pleno de por medio, para que a empresa obtivese o dito documento.
Nese pleno, MOVENEDA advirteu o alcalde que esperaban non atopar que a empresa amiga do goberno municipal, Vázquez Garzón, realizase o traballo pisando o percorrido que lle corresponde facer a Transportes Benigno Rodríguez.
Por desgracia, as sorpresas no remataron aquí, xa que, na xornada do martes 3 de decembro, Transportes Benigno Rodríguez volveron a atoparse en Recinor coa negativa a poder descargar aducindo que lles faltaba outro documento distinto e adicional.
O curioso do caso e que, dende o o dia 5 de novembro ate o 3 de decembro, a empresa amiga do goberno municipal, Vázquez Garzón, si recolleu e a descargou en Recinor xa que SI contaban con toda da documentación requerida e facilitada puntualmente polo concello.
Isto incumple o acordo de 2009, no que os traballos que queden incompletos, se deixarán para o seguinte día habilitado do servizo.
Esiximos do Goberno de Neda:
🔻Que de unha vez por todas cese o acoso co que intenta afogar a unha empresa familiar e de Neda que leva máis de 46 anos dando servizo a todos os veciños
🔻Que tamén de unha vez por todas, o alcalde Alvariño Saavedra, faga o seu traballo e envíe a unha asesoría externa toda a documentación que os servizos técnicos do concello xa teñen redactada. Así poderase dar marcha a concurso – licitación do contrato da recollida de basura, que leva caducado dende hai 16 anos.
comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |