Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Reciclaxe en Neda. O problema do lixo en Neda Vol. 1

Visitas: 254

O contrato da recollida de enseres e voluminosos o leva a empresa Transportes Benigno Rodríguez. A concesión atópase caducada dende hai anos, pero se prorroga mes a mes.

O pasado martes 5 de novembro, cando chegaron a Recinor, a planta que xestiona este tipo de residuos, atopáronse coa sorpresa de que non podían face-la descarga porque se lles esixe unha documentación que debe ser proporcionada polo Concello de Neda.

Ese mesmo día, os traballadores da empresa notificáronlle o concelleiro responsable do servicio, Ángel García Cordero, esta problemática.

A resposta, ao día seguinte, foi: “O vai preparar o alcalde, xa se vos avisará”.

Tiveron que pasar 17 días, e un pleno de por medio, para que a empresa obtivese o documento que “estaba a preparar o alcalde”.

Nese pleno, MOVENEDA advirteu o alcalde que esperaban non atopar que a empresa amiga do goberno municipal, VÁZQUEZ GARZÓN, realizase o traballo pisando o percorrido que lle corresponde facer a Transportes Benigno Rodríguez.

Por desgracia, as sorpresas no remataron aquí, xa que, na xornada do martes 3 de decembro, os traballadores de Transportes Benigno Rodríguez volveron a atoparse en Recinor coa negativa a poder descargar os resuiduos aducindo, desta volta, que lles faltaba outro documento distinto e adicional.

Vázquez Garzón, empresa amiga favorecida polo goberno de Alvariño

O curioso deste caso e que, dende o o dia 5 de novembro ate o 3 de decembro, a empresa amiga do goberno municipal, Vázquez Garzón, si puido facer a recollida e a descarga en Recinor xa que SI contaban coa totalidade da documentación requerida e facilitada puntualmente polo concello.

Todo isto incumple o acordo do ano 2009, do cal facilitamos unha imaxe, no que os enseres e os traballos que queden incompletos, se deixarán para o seguinte día habilitado para este servizo.

Moveneda esixe o cese do acoso contra as empresas de Neda

Por todo isto, esiximos do Goberno de Neda o alcalde Angel Alvariño:

  • 🔻Que de unha vez por todas cese o acoso co que intenta afogar a unha empresa familiar e de Neda que leva máis de 46 anos dando servizo a todos os veciños
  • 🔻Que tamén de unha vez por todas, o alcalde Angel Alvariño, faga o seu traballo e envíe a unha asesoría externa toda a documentación que os servizos técnicos do concello xa teñen redactada.

    Así poderase dar marcha a concurso – licitación do contrato da recollida de basura, que leva caducado dende hai 16 anos.

Etiquetas:

ALTRI, comunicados de prensa, goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.