Unha mostra mais da propaganda engañosa do goberno de Ángel Alvariño na que leva baseando a súa comunicación nos 10 anos de mandato en Neda. A recente publicación do aumento no ano 2024 dun 5'7 % (4.660 kg) na reciclaxe de envases e plásticos (contedor amarelo).
Este dato así en solitario parece un dato positivo, pero a realidade esconde outra vez a ineficacia deste goberno.
Explicado en conxunto o tema, vemos que dende 2019 aumentaron os contedores e pasamos de 95 a 192.
Que o goberno de Alvariño duplicara o número de contedores amarelos non se traduciu nun aumento equivalente na reciclaxe, só aumentou un 28% aproximadamente dende o 2019.
Isto é debido a unha falta de planificación do percorrido e da ubicación dos contedores, sumado á ausencia de campañas divulgativas sobre a importancia da reciclaxe.
Sr. Alvariño debe abandoar xa a sua política comunicativa de medias verdades.
Un goberno responsable debe implícarse realmente en resolver os problemas do concello, como por exemplo a licitación do contrato da recollida do lixo que leva 16 anos vencido.
ALTRI, comunicados de prensa, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |