Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

A reciclaxe, boa para o medio ambiente e agora tamén para o teu peto

Visitas: 214

Inda que actualmente o Concello de Neda paga as taxas de R.S.U (Sogama) e voluminosos (Recinor) , as outras reciclaxes xa non as asumimos nós, posto que as cobran directamente as empresas Ecoembes (cartón e plástico) e Ecovidrio (vidro).

O noso concello paga o canon a Sogama co que recada do recibo de lixo,  e como "esta recadación é insuficiente", pagamos esa diferencia do noso peto: A día de hoxe 65 € por tonelada.

A novidade ven coa coa lei 7/2022, a cal di que a partir do ano 2025 o recibo de basura non pode ser deficitario, o cal implica que ten que cubrir integramente o custo do servizo.

Isto vai suponer una suba nos recibos que pagamos as veciñas e veciños de entre un 40% e un 50%, e inda que outros concellos xa tomaron medidas a este respecto, en Neda segue sen facerse nada.

Dende Moveneda queremos fomentar a correcta separación de residuos para intentar reducir ao máximo posible as toneladas de R.S.U (contenedor verde) e así reducir ao mínimo ás subas nos recibos cara o ano 2025.

Así que xa o sabes! A reciclaxe aparte de boa para o medio ambiente, a partir do ano que ben, tamén será boa para o teu peto.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.