Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Esperemos que os eucaliptos non sexan a enesima excusa do goberno

Visitas: 37

Publicouse estes días unha reportaxe sobre como as grandes plantacións forestais nas cabeceiras dos ríos galegos agravan a seca: as brañas drenadas, os regatos secos e o consumo de auga superficial e subterránea que fan estas masas mal plantadas. É un problema real, documentado e recoñecido pola comunidade científica.

Desde MOVENEDA queremos deixar unha cousa clara antes de que a alguén lle veña a inspiración: que non se lle ocorra ao alcalde Alvariño aferrarse tamén a esta excusa para xustificar o desastre da auga en Neda. Non vaia ser que agora resulte que a culpa da seca a teñen os eucaliptos, e non anos de deixadez na xestión e modernización da traída, na conservación das captacións e no control do contrato de concesión.

E aínda máis: se alguén se preocupou nesta vila polos eucaliptos e por como afectan á traída de auga de Neda, fomos nós. Non unha vez, senón varias, tanto en pleno como nas Comisións Informativas (as actas están ahí), onde pedimos a retirada dos eucaliptos das proximidades do canal da Marina. Cousa que, como xa é habitual, o goberno municipal non fixo.

Así que o argumento non vale. Quen advertiu do problema fomos os que non gobernamos; quen tiña a competencia, os medios e a responsabilidade para actuar era el, e non moveu un dedo.

En Neda a auga non falta só porque chova menos. Falta tamén porque hai un goberno que leva anos sen facer os deberes.


O artigo completo en El Correo Gallego


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.