Dende o principio, MOVENEDA plantexouse coma unha iniciativa popular, aberta, participativa e asamblearia. Precisamente este ultimo concepto nos caracteriza e diferenza doutras forzas politicas, posto que nos facemos unha aposta clara pola actividade directa e sen intermediarios de todos os veciños na xestion do Concello. Nos pensamos que os propios veciños debemos se-lo motor e centro da accion politica a traveso da participacion permanente e consciente de todos nas decisions que nos concernen.
Unha asamblea popular ou asamblea aberta e unha reunion de veciños convocada pra tratar asuntos importantes pra a comunidade. As asambleas poden funcionar xunto con outras formas de goberno, pero e ben certo que o funcionamento baseado na democracia directa contrasta outros mecanismos indirectos de democracia, coma os sistemas representativos.
As asambleas populares son un exemplo de autonomia, son de caracter voluntario e baseanse na participacion directa dos implicados, tanto na exposicion dos temas coma no debate e na toma de decisions colectivas. A asamblea aberta ten un inherente poder soberano e de emancipacion, xa que son tamen unha ferramenta de traballo, abertas a todas as persoas e colectivos que queiran contribuir a participacion directa dos veciños na vida politica do concello.
As asambleas abertas tentan impulsar una metodoloxia de trabajo conxunto, democratico, comunitario, social e con vocacion de permanencia.
moveneda, asamblea aberta / asamblea permanente
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |