Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Dez anos esperando por unha pista de pump-track

Visitas: 684

En 2014, un grupo de rapaces dirixiuse ó Concello de Neda solicitando que se instalase unha pista de pumptrack. Nunca lles fixeron caso. Esta é a historia.

O pumptrack é un circuito formado por curvas estreitas e badéns a diferentes alturas. Nesa instalación poden divertirse os afecionados ós deportes do skate, o scooter, a patinaxe ou tamén bicicletas.

O goberno do Partido Popular con Ignacio Cabezón non lles fixo ningún caso.

En 2015, cambia o goberno e fórmase unha coalición entre o PSOE, o BNG e CG. Os rapaces volven facer a mesma solicitude ó daquela novo alcalde: Angel Alvariño. O goberno tripartito non fixo nada. 

Durante a lexislatura 2015-2019 MOVENEDA preguntou polo asunto varias veces, tanto en comisións como en plenos. Nunca obtivemos respostas satisfactorias, so excusas.

Catro anos depois

En 2019, MOVENEDA asumiu a proposta dos rapaces e engadímola as nosas outras propostas electorais. Unha vez no concello, defendímola e voltamos preguntar varias veces qué estaba a facer o concello a prol desta proposta.

Obtivemos as excusas habituais de sempre: que si Costas pon problemas, que si un falta un informe, que si "os tecnicos"... sempre excusas, pero traballo concreto, cero.

2019, pasan catro anos sen facer absolutamente nada

En 2019, dende MOVENEDA publicamos esta nota

"En Narón, Cedeira e As Pontes xa teñen pistas de pumptrack.

Hai cinco anos os rapaces do noso concello tiveron a iniciativa e presentaron unha proposta novedosa pero non lles fixeron caso.

No Concello de Neda puidemos ser os primeiros en desfrutar deste tipo de instalacións pero tanto Ignacio Cabezón como Angel Alvariño pasaron do asunto. Non escoitan ós mozos. Parece que prefiren un concello mediocre e do montón.

E vos?"

Xa tiñan pasado seis anos dende que os rapaces se dirixiron por vez primeira ó Concello. Periódicamente preguntabamos e sempre as mesmas excusas.

En 2023, MOVENEDA volveu incluilo no programa electoral

Nas eleccións de 2023, dende Moveneda incorporamos de novo a idea da pista de pump-track nas nosas propostas de campaña electoral, xunto con outras ideas para dotacións adicadas a outros deportes minoritarios como petanca, skate e chave.

Dez anos despois

Estamos xa en 2025. Moitos concellos da contorna teñen instalacións deste tipo, as veces varias.

Neda, como en outras cousas, puido ser pioneira pero quedouse atras polas decisións de Cabezón e Alvariño. Como diciamos en 2019: algúns prefiren un concello mediocre e do montón.

A desidia e a incompetencia tirou abaixo un proxecto factible

Unha instalación de pump-track é relativamente asequible e doada para un concello como Neda.

No caso de Narón, o espazo situouse no entorno de A Solaina, nuhna parcela municipal de 2.500 metros (50x50) onde se instalou un circuito para os máis pequenos e outro máis amplo, con badéns máis grandes e xiros máis pechados, para os maiores. O proyecto tivo unha partida presupuestaria en 2018, de 36.000 euros.

En Mugardos, o circuito de "pumptrack" foi construido polo Concello e a Deputación, cun custe de 74.500 euros.

En Miño, tamén teñen pista, está na área deportiva da Galea. O concello destinou 100.000 euros ó proxecto, que foi cofinanciado ó 50% a través dunha subvención da Xunta de Galicia.

En Cedeira, o custe de licitación da obra da pista de "pumptrack" foi de 65.917 euros.

En 2023, o Concello de Fene anunciou a construcción dunha pista pumptrack en Perlío. O investimento previsto ascendía a 48.350 euros e o consistorio agarda cofinancialo cunha achega da Xunta para equipamentos deportivos. A parcela atópase na parte traseira do Edificio As Pías e do Hostal Perlío, con acceso desde as rotondas de entrada a Navantia Fene e relativamente preto da zona deportiva da Xunqueira e do barrio de San Valentín.

Arteixo aposta polos deportes alternativos

Algo máis lonxe e xa a outro nivelazo, en Arteixo, o concello abriu unha nova e completa zona de deportes urbáns xunto ó complexo das piscinas. Conta con varias áreas diferenciadas e inclúe skate park, circuito de pump-track (especialmente pensado para bicicletas), unha área de calistenia e unha explanada orientada á patinaxe.

Este espazo, de 3.500m2, ofrece a posibilidade da práctica de deportes alternativos e supuxo un investimento de 500.000 euros.


Etiquetas:

comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.