Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Publicado o video do Pleno Extraordinario de Outubro

Visitas: 198

Xa esta dispoñible o video do Pleno Extraordinario de Outubro, celebrado o pasado luns 27-10-2025.

Podedes acceder ós videos dos plenos na canle de Youtube do Concello de Neda facendo click eiquí

Os videos dos plenos anteriores ó ano 2020, cando o goberno de Alvariño se negaba a grabalos, os grababa Moveneda polos seu própios medios e están disponibles na nosa canle de Youtube: click eiquí

A Batalla dos vídeos

Dende a súa entrada no concello en 2015, Moveneda abogou sempre pola grabación dos plenos. Esta proposta tivo moita máis loxica aínda cando o alcalde decidiu, co apoio dos seus socios de goberno BNG e CG, trasladar ó plenos das tardes ós luns pola maña. Esta medida ten como intención dificultar a participación dos veciños nos plenos, evitando testigos dos debates e as votacións, sobre todo do punto máis interesante, o turno de Rogos e Preguntas, onde a oposición que traballa exerce a laboura de control ó goberno,

Foi ahí cando Moveneda decidiu grabar os plenos polos seus propios medios e publicalos. Tardamos dúas lexislaturas para que o alcalde, obrigado pola lei, dispuxera por fin dos medios necesarios para graba-los plenos.

Cabe destacar os videos que graba o concello sempre tiveron unha calidade de son pésima. Dende Moveneda xa elevemos unha queixa várias veces e dende o goberno seguen ser facer nada. Esta pésima calidade de son dificulta poder escoitar as intervencións e convirten os videos dos plenos nun suplicio.

Lamentamos que dende o goberno de Alvariño se continúe nesa liña de dificultar a transparencia e a participación dos veciños na vida pública do concello.


Etiquetas:

plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.