Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O PSOE se lembra por fin do saneamento da ría

Visitas: 190

Ainda que sexa tarde, mal e a rastras, causa grata sorpresa ver que o PSOE se suma por fin as reclamacións para que a Xunta do PP asuma as súas responsabilidades e competencias e se poña a traballar xa para completar o saneamiento en Neda.

Dende MOVENEDA levamos anos reclamando que as administracións locais e autonómicas deixen de usar asuntos como o saneamento ou a limpeza dos ríos como armas electoralistas e para tentar gañar os votos de catro incautos.

No noso sartigo de novembro, Neda sen saneamento mentres a Xunta do PP deixa sen gastar o 80% do presupostado para estas infraestructuras, xa denunciamos que Augas de Galicia recoñece que, dos máis de 800 millóns de euros previstos para saneamiento e depuración, só deu executado 147 millóns ata decembro de 2023: menos dun 20%.

Xa abonda de excusas, a Xunta ten que poñerse a traballar

problema de fondo está claro: existen vertidos á ría porque falta unha rede de saneamento axeitada, moderna, capaz de tratar as augas residuais de xeito eficaz.

O Partido Popular ten que explicar porque Neda queda dende hai anos fóra dos proxectos que financia a Xunta. Isto constitúe un acto de discriminación inxustificable

As consecuencias deste abandono son gravísimas: pon en risco a saúde pública, a calidade ambiental da ría, e o medio de vida de centos de persoas do sector marisqueiro, vital para a economía local e para a conservación do noso patrimonio litoral.

Dende MOVENEDA reclamamos

  • Que a Xunta asuma inmediatamente as súas responsabilidades e execute as partidas comprometidas de saneamento e depuración para Neda e o conxunto da ría.

  • Que se priorice a realización dunha rede integral de saneamento en Neda, conectando o municipio con sistemas de depuración efectivos e non proxectos paralelos con fins propagandísticos.

  • Que se garanta a protección da ría e do medio ambiente, así como das persoas que dependen dela para vivir.

  • Transparen­cia nas planificacións e nos prazos: que se explique por que esas partidas permanecen sen xecutar, e que se fagan públicos os plans concretos de actuación e calendarización.

Facemos un chamamento á solidariedade cidadá: a loita polo saneamento adecuado non é só responsabilidade de Neda: é de todas as persoas que queremos salvar a nosa ría e garantir un futuro digno para o noso pobo e os nosos sectores produtivos.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.