
Dende Movemento Veciñal Neda – MOVENEDA reiteramos o noso firme compromiso coa defensa dun Servizo de Axuda no Fogar (SAF) público, digno e de calidade, ao servizo da veciñanza e non do lucro privado.
Como xa denunciamos publicamente, o servizo sostense sobre condicións laborais inaceptables, con salarios moi baixos, atrasos no pago de nóminas e unha sobrecarga de traballo que compromete tanto a dignidade das profesionais como a calidade da atención prestada.
MOVENEDA defende con total claridade e determinación a remunicipalización do SAF mediante a creación dunha empresa municipal de coidados, que permita recuperar a xestión directa dun servizo esencial para o noso concello. Esta opción non só é viable, senón que xa foi aplicada con éxito en outros concellos como o gobernado polo PSOE en Rota, demostrando que é posible garantir unha atención de maior calidade, máis eficiente e socialmente responsable.
A remunicipalización do SAF suporía unha mellora substancial na calidade do servizo. Ao eliminar intermediarios e o lucro privado, todos os recursos públicos poderían destinarse integramente á mellora da atención ás persoas maiores e dependentes. Isto permitiría unha maior estabilidade na prestación, unha mellor coordinación, máis control público e unha planificación centrada nas necesidades reais da veciñanza, e non na rendibilidade económica dunha empresa concesionaria.
Do mesmo xeito, a xestión pública directa permitiría dignificar as condicións laborais das traballadoras, garantindo salarios xustos, pagos puntuais, estabilidade laboral e o cumprimento efectivo dos dereitos laborais. Unha empresa municipal permitiría rematar coa precariedade estrutural que impón o modelo privatizado, no que os baixos prezos das licitacións e a procura de beneficios empresariais tradúcense en explotación laboral e deterioro do servizo. A dignificación das traballadoras é unha condición imprescindible para garantir un servizo de calidade, humano e profesional.
A creación dunha empresa municipal tamén suporía un avance en termos de transparencia, control democrático e responsabilidade pública. O SAF é un servizo esencial que afecta directamente á vida das persoas máis vulnerables, e como tal debe estar baixo control público, con mecanismos de supervisión claros e coa participación da cidadanía.
ALVARIÑO OPTA POLA SOLUCION FACIL: QUE LLO DEAN TODO FEITO
Dende MOVENEDA queremos denunciar con rotundidade a actitude do goberno municipal do PSOE, encabezado polo alcalde Ángel Alvariño, por insistir na privatización do SAF sen contemplar nin debater outras alternativas como a remunicipalización. Resulta especialmente grave que unha decisión de enorme impacto social e económico fose impulsada sen diálogo coa oposición nin participación da veciñanza, evidenciando unha forma de gobernar autoritaria e allea ao interese xeral. Apostar exclusivamente pola privatización non só perpetúa un modelo fracasado e precarizador, senón que supón renunciar á responsabilidade política de garantir un servizo público digno, eficiente e xusto. ()
Resulta incomprensible que mentres outros concellos, incluso gobernados polo propio PSOE, apostan pola recuperación pública do SAF, en Neda se siga defendendo un modelo que precariza o emprego e deteriora a atención.
UN MODELO PUBLICO PARA GARANTIR DEREITOS E DIGNIDADE
MOVENEDA reafirma que o SAF non é un negocio, senón un dereito fundamental da veciñanza. A remunicipalización mediante unha empresa municipal é a mellor garantía para asegurar un servizo de calidade, unhas condicións laborais dignas e unha xestión eficiente e responsable dos recursos públicos.
Por todo isto, esiximos ao Concello de Neda que abra un proceso de diálogo real e transparente sobre o futuro do SAF, que contemple seriamente a remunicipalización como alternativa viable e necesaria, e que poña fin a un modelo privatizado que só beneficia a empresas privadas mentres prexudica ás traballadoras e á veciñanza.

Dende MOVENEDA denunciamos tamén que a próxima licitación do SAF que impulsa o goberno de Ángel Alvariño, non foi debatida nin acordada en ningún momento coa oposición municipal, moito menos se abreu a participación da veciñanza.
Isto responde ó xeito caciquil e autoritario de gobernar: se toman decisións estratéxicas de enorme impacto social e económico ás costas dos representantes da metade da veciñanza. A maioría absoluta non outorga nin autoridade moral nin lexitimidade política para hipotecar o futuro dun servizo público esencial contra a opinión dunha parte substancial da cidadanía.
Ademais, insistir cerrilmente na privatización de servizos é recoñecer a incapacidade política e persoal para xestionar con responsabilidade e eficacia os servizos públicos que son da súa competencia.
Fronte a este modelo fracasado e explotador, MOVENEDA defende firmemente e sen ambigüidades a remunicipalización do Servizo de Axuda no Fogar, creando unha empresa municipal de coidados, con xestión e control públicos directos e que poña fin ó lucro indecente das empresas filibusteiras que fan negocio co benestar e a saúde da veciñanza e a costa da explotación das traballadoras.

Xa hai exemplos como o Concello de Rota, gobernado polo o PSOE, onde acaban de reverter o servizo.
Un SAF 100% público permitirá subir os salarios das traballadoras, garantir o cumprimento de condicións laorais dignas, asegurar o pago puntual de nóminas e mellorar de maneira real a calidade do servizo.
Eliminar o lucro privado da ecuación é condición imprescindible para dignificar tanto ás traballadoras como á atención que reciben as persoas maiores e dependentes.
Desde o MOVENEDA exiximos ó Concello de Neda, Deputación e á Xunta de Galicia que:
📌 recoñezan e dignifiquen o traballo das mulleres do SAF.
📌 deixen de amparar empresas delincuentes que incumpren a lexislación laboral.
📌 aposten pola remunicipalización inmediata do SAF no Sistema Público de Saúde.
📌 garantan financiamento suficiente para que as traballadoras teñan salarios dignos.
📌 establezan mecanismos reais de control das condicións laborais e sancións fortes para as empresas delicuentes.
xunta de galicia, concello de Neda, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións, Valedora do Pobo
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |