Ontes tivo lugar a primeira das asambleas programadas polo goberno municipal para informar ós veciños das consecuencias da instalación do Parque Eolico Caaveiro que afecta o noso concello.
Dende Moveneda atopamos que o enfoque da exposicion por parte dos membros de Ventonoso foi pobre. Estivo claramente orientada a convencer ós veciños de que non temos posibilidades de opoñernos. Deron sensación de que hai que tragar co que nos boten e que, en todo caso, os propietarios afectados, deberán tentar negociar o millor acordo posible.
O alcalde só tomou a palabra para a presentación inicial e para responder a unha pregunta sobre se o concello ía presentar alegacións, cousa que confirmou.
Este sabado, ás 18:30 e tamén no polideportivo do Roxal está convocada outra asamblea informativa. Desta volta será co profesor da UP de Vigo, Xabier Simón, membro do Observatorio Eólico de Galicia.
ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |