Preguntas realizadas por MOVENEDA nos últimos plenos:
1. Solicitamos que se fagan as convocatorias de prazas vacantes no Concello, que é moi necesario, e ademais pensando en vindeiras xubilacións.
2. Se vai adoptar algún acordo respecto dos coches estacionados no Murallón, que molestan a entrada e saída de vehículos das casas veciñas?
3. Estanse limpando as sendas pola marxe da vía do tren ata o Puntal, e queremos saber de quen son os terreos por onde discorren ditas sendas.
4. Viaqua redactou unha memoria para mellorar a captación de auga, de que se trata?
5. Renfe ten descoidada a maleza na estación, hai que obrigalos a limpar.
6. Vaise facer o curso de coidadores homologados?
7. E necesario intensificar as campañas de desratización en diversos lugares do municipio.
8. Na piscina municipal están en mal estado algunhas taquillas, hai cerraduras rotas, é necesario arranxalo, e xa tiña que estar feito antes da tempada de verán.
9. Está recollido nunha Xunta de Goberno un proxectotransfronteirizo de intercambio de carbono que ten como obxectivo principal aumentar a
eficiencia dos montes do espazo transfronterizo Galicia - Norte de Portugal na mitigación do cambio climático. Vaise facer algo ao respecto?
10. Caeu unha árbore bastante grande no río Belelle a altura do muiño de Alejandro e cando haxa riadas vaino arrastrar e facer un tapón que pode ocasionar inundacións.
11. Cando vai empezar a funcionar o autobús ata o Puntal?
moveneda, comunicados de prensa, plenos
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |