Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Praza.gal - Hoxe, hai 40 anos, Galicia reclamou a sua autonomia

Visitas: 379

O 4 de decembro de 1977 foi unha das datas clave da Transicion Politica. Se iso non foi recoñecido polo pouco flexible e simplificador relato oficial e seguramente polo escasa atencion que este lle prestou aos procesos xurdidos dende a periferia. Aquel dia centos de milleiros de persoas manifestaronse en Andalucia en demanda de autogoberno para aquel territorio, nunhas marchas que remataron coa morte dun rapaz de 18 anos por un disparo. So nos ultimos tempos se comeza a coñecer no resto de España a importancia desa xornada para a autonomia andaluza. Pero ese dia tamen medio millon de galegos e galegas se manifestaron nas principais cidades reclamando un Estatuto de Autonomia de primeiro nivel. Un proceso, o galego, ainda mais descoñecido no resto do Estado. Eran as reivindicacions galega e andaluza as demandas de dous territorios empobrecidos e emigrantes, que entendian a posibilidade de autogobernarse como unha maneira de superar o seu atraso economico do que, en parte, se culpaba a politicas centralistas.

As reivindicacions nacian tamen do exemplo catalan e vasco, que xa iniciaran os procesos de restitucion das institucions de autogoberno capadas pola ditadura. En realidade, o motor de todo o proceso autonomico durante a Transicion foron as reivindicacions catalas. Catro meses despois da celebracion das primeiras eleccions, ao berro de “llibertat, amnistia i estatut de autonomia” faltaballe ainda o terceiro pe. O sentimento identitario catalan, demostrado en multitudinarias mobilizacions (na celebracion da Diada, o 11 de setembro de 1977, mais dun millon e medio de persoas manifestaronse en Barcelona), obrigou o goberno de UCD a acelerar a reinstauracion da Generalitat, algo que finalmente se produciu o 29 de setembro dese ano co famoso “ja soc aqui”. O punto partida das preautonomias foi a Operacion Tarradellas, unha intelixente xogada de Suarez consistente no restablecemento da Generalitat na figura do seu presidente no exilio. A medida efectuouse a traves dun Decreto-Lei baseado no Artigo 13 da lei de Cortes franquista, e ademais de constituir un efectivo acto simbolico, servia de contrapeso ao poder da esquerda (PSC-PSOE e PSUC) na Asemblea de Parlamentarios catala. Para a instauracion do poder galego preautonomico pensouse tamen nunha personalidade galeguista que aportase lexitimidade historica ao nomeamento (como se fixera con Tarradellas en Catalunya e se intentou facer con Leizaola en Euskadi). Soaron moito Garcia-Sabell, Gonzalez Lopez, Paz Andrade ou Iglesias Corral e chegou a haber contactos serios con Bibiano Fernandez Osorio-Tafall, que fora presidente da Comision encargada do Estatuto de Autonomia de 1936, pero a iniciativa non foi adiante.

O ano 1977 avanzaba sen novidades para a preautonomia galega, xerando un crecente malestar, que motivou a organizacion das manifestacions do 4 de decembro, apoiadas pola maior parte dos partidos, dende a UCD ao PCG, os concellos e as deputacions provinciais. Habia nestas convocatorias unha gran dose de simplismo: poucos sabian realmente o que implicaba o autogoberno, pero confiabase nel como unha forma de mellorar a situacion do pais; habia, ademais, unha sensacion de agravio comparativo con Cataluña e Euskadi (a aldraxe, que se impuxo como concepto central nese proceso). “Pra que non sigan decidindo por nos. Pra que a nosa terra escomence a ser nosa. Por unha autonomia que poda solucionar realmente os nosos problemas” podiase ler nas faixas que encabezaban a marcha de Vigo, a mais numerosa (300.000 persoas). Nalgunha das manifestacions interviron intelectuais como Eduardo Blanco Amor, que destacou que “Os lideres estan de mais cando a moitedume se convirte en protagonista”. Con todo, os xornalistas Manuel Rivas e Xose Anton Gaciño criticaron a “ambigüidade” da convocatoria, da que din que “non se soubo enmarcar nun proxecto mais ambicioso (...) Faltou perspectiva nuns, e vontade noutros, para artellar aquel potencial".

A prensa galega apoiou de forma rotunda as mobilizacions, titulado o Faro de Vigo a cinco columnas “Testimonio unanime de Galicia por la autonomia” ou La Voz de Galicia “Galicia clamo por la autonomia. Gigantesca movilizacion popular”. El Ideal Gallego dedicoulle un editorial as manifestacions no que salientaba que “La idea de una nueva tierra, de un modo de regirla y de gobernarla, ha calado profundamente en el pueblo gallego, rompiendo claramente con los esquemas hasta ahora implantados (...) El domingo fue un dia grande para todos los que de verdad nos sentimos gallegos”.

Xa nese momento as manifestacions galegas tiveran un eco moi escaso en Madrid, e por exemplo practicamente non mereceran a atencion do informativo de TVE ou da prensa escrita, que si recolleu as marchas igualmente numerosas de Andalucia. Con todo, si que supuxeron un toque de atencion. En certa maneira non se esperaba unha reivindicacion de autogoberno tan solida en Galicia e o propio El Pais cualificou de “exito sorprendente” o resultado das manifestacions. Un mes antes o xornal madrileño -intelectual organico do proceso de Transicion- publicou un editorial que afirmaba que fora de Cataluña e Euskadi “el regimen provisional de esas autonomias (...) solo se justifica alli donde sea una exigencia popular mayoritaria y la solucion de una situacion potencialmente explosiva”. “Tal vez Canarias sea, fuera de Cataluña y Euskadi, la zona mas conflictiva y mas necesitada de una formula provisional de urgencia”, engadia. Pola contra, dous dias despois das manifestacions do 4 de nadal, El Pais publicou un novo editorial no que recoñecia que “Galicia tenia su estatuto autonomico ultimado y al borde de las Cortes republicanas el mismo dia del estallido de la guerra civil. Su autonomia, en suma, no es creacion artificial, y, a mas, viene amparada por un idioma y una Cultura de las que integran la Peninsula. Que nadie pierda de vista el caracter popular del autonomismo galaico, que avanza pausada, pero severamente”. De feito, para o xornalista Xavier Navaza, a manifestacion “influiu sobre todo en UCD. A partir daquel momento, non lle quedou outro remedio que concederlles aos seus (a UCD galega) a apertura dun debate autonomico en Galicia".

Finalmente, o 10 de marzo de 1978 Galicia obtivo o seu rexime preautonomico, abrindo o camiño para outros territorios, pois un dia despois era aprobado o de Aragon. Comunidade Valenciana e Canarias. O 11 de abril Antonio Roson foi elixido presidente desta Xunta preautonomica.

O outro 4 de nadal

Poren, houbo outro 4 de nadal que ficou na historia de Galicia, exactamente dous anos despois, tamen ligado a demanda de autogoberno. O 4 de decembro de 1979 mais de cen mil persoas (200 mil segundo os organizadores) manifestaronse de novo en todo o pais contra a aldraxe nunhas marchas lideradas por PCG, Unidade Galega (POG, PSG e PG) e o PSOE. Ainda que a participacion foi sensiblemente inferior a que rexistraran as marchas celebradas en 1977, o contido politico desta mobilizacion foi moito mais concreto e denunciaba a discriminacion que a gobernante UCD pretendia aplicar a Galicia.

Ao longo de 1978 o ministro para as Rexions no primeiro goberno democratico, o andaluz Clavero Arevalo, embarcouse nunha operacion de sementar o Estado de reximes provisionais de autonomia (o que o propio Clavero denominou cafe para todos), nun intento de evitar que a reinstauracion das autonomias catala e vasca parecese un privilexio outorgado as zonas mais ricas do Estado. Galicia comezou a elaborar o seu Estatuto de Autonomia a traves da Comision dos 16. Poren, unha vez que foran aprobados en referendo os textos estatutarios vasco e catalan (no veran de 1979) o Goberno de Suarez (co apoio editorial da prensa da capital do Estado e dalguns sectores do PSOE) decidiu que chegara o momento de racionalizar o proceso autonomico. E a Galicia, como terceira e derradeira nacionalidade historica, tocaballe o papel de chibo expiatorio, de tapon, de exemplo limitador para os restantes territorios, comezando por Andalucia.

A Comision Constitucional do Congreso recortou notablemente o estatuto que fora redactado en Galicia, o que deu lugar as protestas de Unidade Galega, PCG e do PSOE galego, a vixilias en 17 dos meirandes concellos do pais e rotundos titulares na prensa galega, coma o do 22 de novembro de 1979 de La Voz de Galicia, que na sua portada chamaba a manifestarse: "Hoy, jornada en defensa de la dignidad nacional de Galicia". Nestas marchas participaron entre 40 e 80 mil persoas segundo as fontes. Na noite do 21 ao 22, a Comision Constitucional aprobara o Estatuto, moi recortado (practicamente unha carta outorgada sen apenas competencias) co voto a favor da UCD e en contra de PSOE e PCE e a ausencia de AP, vascos e catalans.

Pola contra, a prensa madrileña, encabezada por El Pais, defendeu en varios editoriais que a autonomia debia quedar reservada para catalans e vascos: “la pretension de que los graves azotes del subdesarrollo, la emigracion, el paro y la pobreza, comunes a Galicia y a Andalucia, van a resolverse magicamente con las superestructuras de las instituciones de autogobierno es evidentemente ilusoria”, dicia o xornal. Este editorial foi respondido por outro de El Ideal Gallego, titulado Galicia Humillada, que afirmaba que "O mais indignante que se esta producindo e a terxiversacion, ante a opinion publica do resto de España, do verdadeiro caracter da reivindicacion autonomica galega. Chegar a identificala co mantemento do aparello caciquil para quen loitaron, e mesmo deron a vida, polo autogoberno de Galicia. Cando os insultos desa categoria se aplican a un pais secularmente marxinado e oprimido por un poder central (que se servia precisamente dos caciques como intermediarios) e cando poden chegar a salpicar a lembranza de homes como Boveda, fusilados por defender a autonomia de Galicia, o insulto convertese en provocacion".

Tamen Blanco Amor, no seu derradeiro artigo publicado en La Voz de Galicia o 24 de novembro, falaba da “vergonzosa intriga de la UCD con el gobierno al frente y del escamoteo del Estatuto", o que provocou que Jose Quiroga, presidente da Xunta, non acudise ao enterro do escritor o 1 de decembro. Pola contra, un repaso por moitos dos artigos publicados eses dias pola prensa madrileña amosa o nivel de desprezo que as reivindicacions de autogoberno galegas espertaban en certos sectores da capital. Dende o “Ya se sabe que los gallegos son desconfiados por definicion” (Pedro Rodriguez) ata o “estoy desde hace unos dias apartado del marisco, por miedo a tomar una ostra encolerizada, o un percebe hecho vinagre o un centollo al que le haya reventado la piel” de Jaime Campmany, ambos na Hoja del Lunes.

Nas manifestacions deste segundo 4 de nadal non participou a UCD, por suposto, nin os seus aparellos clientelares (controlaban as catro deputacions e a inmensa maioria dos concellos galegos), que si se moveran en maior ou menor medida para as marchas de 1977. De feito, os ucedeos difundiron unha nota de prensa contra as convocatorias na que denunciaban “la campaña de confusionismo promovida por partidos de signo marxista que excitaron los sentimientos del pueblo gallego y sorprendieron su buena fe con afirmaciones tendenciosas, ocultando y manipulando una informacion veraz sobre el contenido y alcance del Estatuto de Autonomia. Repudiamos la actitud oportunista de quienes anteponen los intereses de partido a los de Galicia”. Camilo Nogueira, daquela no Partido Obreiro Galego (POG), si destaca a importancia destas segundas mobilizacions, destacando que "hoxe seria imposible sacar a rua centos de miles de persoas a rua, como se fixo naquel momento, reivindicando un estatuto de nacionalidade. e moi gratuito dicir que iso non tiña significado, porque si que o tiña".

Quedaba por diante un ano de tirapuxas entre unha UCD que buscaba arrefecer o ambiente e que procuraba un pacto con PSOE e PG para reformar o texto. No veran de 1980, co Goberno de Suarez xa moi debilitado, a UCD accedeu a modificar o texto no Pacto do Hostal, no que participaron AP, PSOE, UCD, PCG e PG. Non era o texto dos 16 pero si que se eliminaron boa parte dos motivos de critica. Despois ainda veu un referendo cunha abstencion do 70%. Veu tamen o cafe para todos e tamen a LOHAPA despois do 23F como intento de limitar o Estado Autonomico. Pero ese foi outro conto.

PRAZA.GAL

 


Etiquetas:

memoria histórica, galicia, xunta de galicia


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.