Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O PP compra o trato de favor da prensa con case dous millons de cartos públicos

Visitas: 230

Como é tradición dende os gobernos de Feijoó, Rueda e o PP entregan nestas datas un "aguinaldo" á prensa. Son case dous millóns de euros de cartos públicos practicamente a dedo, en subvencións en "réxime de concorrencia non competitiva". 

Isto quere dicir que toda empresa que cumpla os requisitos ten dereito a cacho, repartido segundo "criterios obxectivos"  como difusión, uso do gallego o contido relacionado con Galicia. Os agraciados por esta pedrea de cartos públicos son empresas da prensa escrita, medios dixitais e emisoras de radio. Todo empresas privadas.

As "condicions" da subvención que fixa o goberno do PP están especialmente deseñadas para excluir das axudas aos medios "non son da corda do PP" como Praza.gal ou Nós Diario, que publica só en galego.

A prensa en papel é a que mais tallada leva, 1.255.000 € que se reparte asi:

  • LA VOZ DE GALICIA (LA VOZ DE GALICIA, S.A.): 543.969,02 €
  • FARO DE VIGO (FARO DE VIGO, S.A.): 221.517,65 €
  • EL PROGRESO (EL PROGRESO DE LUGO, S.L.): 143.616,96 €
  • LA REGIÓN (LA REGIÓN, S.A.): 123.254,90 €
  • DIARIO DE PONTEVEDRA (LÉREZ EDICIONES, S.L.): 70.633,24 €

Adicados ós medios dixitais, a Xunta reparte un total de 454.260,41 € onde os que máis reciben son:

  • La Voz de Galicia (La Voz de Galicia, S.A.): 237.641,63 €
  • Faro de Vigo (Faro de Vigo, S.A.U.): 82.639,08 €
  • El Progreso (El Progreso de Lugo, S.L.): 26.619,38 €
  • La Opinión de A Coruña (La Opinión de La Coruña, S.L.U.): 24.366,12 €
  • La Región (La Región, S.A.): 17.392,59 €

O PP non é o unico goberno que merca un trato de favor da prensa

Outro exemplo destas prácticas para mercar un trato de favor é o Concello de Neda, que oculta baixo a excusa de campañas de publicidade institucional o que realmente é propaganda electoralista, partidista e personalista. Por exemplo, Neda pagou á La Voz de Galicia as seguintes cantidades:

  • 2019: 7.712€
  • 2020: 6.120€
  • 2021: 4.537€
  • 2022 (incompleto): 2.668€

Aparte, Radio Voz recibiu nestes catro anos un total de 3.596€. Isto fai un total de 24.623€ so na Voz de Galicia. Por poñer en contraste, o goberno de Neda so invertiu 13.000 euros en axudar a autónomos e empresas de Neda afectadas polo COVID.

O carto público non pode financiar medios de comunicacion privados

As subvencións con diñeiro público a medios privados deturpan a independencia informativa e corrompen a democracia: crean dependencia do poder, favorecen a quen xa é grande, reducen o pluralismo político e fomentan o caciquismo e o clientelismo. Os cartos públicos debe garantir medios públicos fortes, non rescatar negocios privados.


Etiquetas:

xunta de galicia, comunicados de prensa


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.